Bienvenidos al blog del Plan de Acción Tutorial PATECO

Bienvenidos al Plan de Acción Tutorial de la facultad de Economía y Empresa de la Universidad de A Coruña. A través de este blog podemos estar en contacto permanente y compartir información, material, preguntas, respuestas, etc...



sábado, 30 de abril de 2011

jueves, 28 de abril de 2011

Foro charla-coloquio baixo o título Investimentos en economía real, rendibilidade financeiro-emocional.

Teño o pracer de convidarte á conferencia de Antonio Fernández Hernando, o próximo martes 3 de maio ás 19:00 horas na sede da Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande, 21-24, A Coruña), que se celebra dentro do ciclo de conferencias do Foro de Promoción Económica e Social do Concello da Coruña.


Antonio Fernández Hernando, economista pola Universidade Complutense de Madrid e MBA polo IESE Business School da Universidade de Navarra, é presidente de Armabex, asesor rexistrado pola Bolsa de Madrid autorizado para asesorar a empresas na súa cotización no Mercado Alternativo Bursátil (MaB), e socio-fundador de Prusland.

Participa neste Foro cunha charla-coloquio baixo o título Investimentos en economía real, rendibilidade financeiro-emocional.
 
Nun contexto económico de rápidas e fondas transformacións, a conferencia ten por obxecto analizar o valor engadido dos investimentos financeiros, a busca dunha rendibilidade financeiro emocional. Como conxugar inversores con talento e ideas aproveitando a innovación, a internet e os novos modelos de negocio serán os eixos centrais da charla de Antonio Fernández.


Agardando contar coa túa presenza, recibe un cordial saúdo.
 

Henrique Tello León
Primeiro Tenente de Alcalde do Concello da Coruña

 

Convite extensivo aos alumnos do centro.
Entrada libre ata completar aforo.

martes, 12 de abril de 2011

COMO ELABORAR TRABALLOS DE CURSO

Prepárate para facer bos traballos de curso¡
O Grupo de Traballo de Formación de Usuarios do Servizo de Biblioteca da Universidade da Coruña organiza uns cursos os días 2 e 3 de marzo nos Campus de A Coruña e de Ferrol destinado aos usuarios da biblioteca. Contarase con un mínimo de cinco alumnos para a súa celebración; si non se chegase a ese número, os cursos se anulan.
O obxetivo principal de ditas xornadas é a adquisición de competencias no uso dos recursos que dispón a nosa biblioteca universitaria. Nesta ocasión queremos facer especial atención á elaboración dos traballos de curso; por iso nos centraremos nun documento que puxemos na web da BUDC para facilitarvos esta tarefa.
Impartirase por persoal de distintas bibliotecas en modalidade semipresencial, cunha duración de 10 horas, 6 presencias e 4 horas on-line a través da plataforma Moodle do Campus Virtual. Realizarase na Coruña en quendas de mañá ou de tarde, tres horas cada día das 10.30 ás 13.30 e das 17.30 ás 20.30; para Ferrol teremos unha quenda de tarde dás 16.00 ás 19.00. Si a demanda é moita faranse outras quendas nos días posteriores.
Os asistentes recibirán un certificado co recoñecemento dun crédito de libre configuración.
Podedes atopar o formulario de inscripción na páxina web do Servizo de Biblioteca da UDC.
Para máis información non dubidedes en chamar á Sección de Información e Referencia ós seguintes teléfonos de contacto: 981 167 000, nas extensións 5663 (edición A Coruña) e 3602 (edición Ferrol).
Animádevos¡

http://budcinformacion.blogspot.com/2011/01/como-elaborar-traballos-de-curso.html

viernes, 8 de abril de 2011

Inauguración e visita guiada da exposición Action Reaction: O universo creativo de David Lynch

Percorrido polo universo creativo interdisciplinar de David Lynch que se compón, ademais do seu cinema, dunha mostra da súa produción plástica, televisiva e musical. A estrutura da mostra pretende ofrecer a lectura conxunta de todas as facetas creativas de Lynch, co fin de destacar as sólidas relacións que manteñen os seus discursos nos diferentes formatos, a importancia da súa obra audiovisual e o diálogo permanente coa vangarda surrealista en xeral e cos seus referentes artísticos, como Francis Bacon, Edward Hooper, Max Ernst ou Salvador Dalí.

Organiza: NORMAL, Espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña
Comisariado: Arte contemporánea GACMA



Data: 11 abril a 31 de maio de 2011
Horario: luns a venres, de 11.00 a 22.00 h.
Entrada libre

Conferencia e visita guiada da exposición Action Reaction. O universo creativo de David Lynch por Antonella Montinaro, comisaria da exposición, licenciada en Comunicación pola Università degli Studi di Roma Tre.

Data: 11 abril de 2011
Horario: 20.00 h.
Entrada libre