Bienvenidos al blog del Plan de Acción Tutorial PATECO

Bienvenidos al Plan de Acción Tutorial de la facultad de Economía y Empresa de la Universidad de A Coruña. A través de este blog podemos estar en contacto permanente y compartir información, material, preguntas, respuestas, etc...



miércoles, 27 de noviembre de 2013

Nova quenda do curso "Recursos e utilidades documentais para o traballo de fin de grao"


Venres 29 de novembro na aula 1 do edificio Xoana Capdevielle de 09.00 a 15.00 h.

Formulario de inscrición:
http://www.udc.es/biblioteca/gestion_online/inscrip_cursos.html

Resumen do programa:
1. O traballo académico
 Metodoloxía
 Normativa da UDC
O tema do curso
2. A pesquisa da información
3. A presentación da información
 Normativa
Xestores bibliográficos: RefWorks
Os estilos bibliográficos
4. A avaliación da información
5. A difusión da información

martes, 26 de noviembre de 2013

A UDC promoverá a través do Proxecto de EpD actividades para sensibilizar á comunidade universitaria sobre diferentes problemáticas sociais.

• O mes de novembro está centrado nas persoas sen fogar.

A Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC pon en marcha este mércores, 27 de novembro, o proxecto Educación para o Desenvolvemento (EpD), unha iniciativa que busca sensibilizar á comunidade universitaria sobre diferentes problemáticas de interese social. O proxecto prolongarase ao longo de todo o curso escolar, centrándose cada mes nunha temática diferente e traballando co fin de concienciar ao estudantado sobre esa realidade.

Este mes de novembro, coincidindo coa celebración do Día Internacional das Persoas Sen Fogar, os actos programados para o mércores están orientadas a facer visible a realidade deste colectivo.

O calendario de actividades abrirase ás 10.00 h da maña no campus de Serantes en Ferrol, onde se levarán a cabo diferentes xogos lúdicos. A partir das 12.00 h a actividade trasladarase ó campus de Esteiro, ao Centro Cultural Universitario, onde se proxectará o documental de “Mathilde´s Misses”, un filme que amosa un retrato solidario e humano dun grupo de mulleres que viven ao marxe da sociedade. Tras a súa proxección abrirase un debate co público asistente.

Paralelamente, durante todo o mes de novembro e decembro, poderase contemplar na fachada do edificio do Patín unha exposición do fotógrafo ferrolá Roberto Amado, gañador do último premio Tiflos de xornalismo dixital, convocado pola ONCE. Trátase dunha colección de 5 instantáneas realizadas en Santiago de Compostela e nas que o autor mostra a vida na rúa. A colección posteriormente levarase ó campus de Serantes.

O día 28 de novembro o voluntariado desenvolverá as súas actividades na Coruña. Neste caso, os xogos desenvolveranse entre as 10.30 e as 12.30 h na Escola Universitaria de Arquitectura Técnica. Pola tarde, ás 19.00 h, no salón de graos da Facultade de Informática, farase a proxección do documental “O mundo tras Julius”, unha reportaxe elaborada por estudantes que fai un percorrido pola vida de Julius, un mozo alemán que viviu nas rúas da Coruña durante varios anos, a través dos ollos das persoas que tiveron contacto con el.

A axenda de Educación para o Desenvolvemento continuará no mes de decembro abordando o tema da escravitude. A violencia (xaneiro), a radio (febreiro), o medio ambiente (marzo), a seguridade e saúde laboral (abril) e a diversidade cultural (maio) completan a programación deste proxecto no que traballan simultaneamente voluntariado da Coruña e de Ferrol.

Para máis información podes falar coa coordinadora do programa en Ferrol, Aroa Fandiño (660 68 83 51) ou coa coordinadora na Coruña, Lucía Pintor (699 727 578). O proxecto conta cun blog propio: mesxmes.tumblr.com

Roberto Amado (fotógrafo) 646 857 802
Vicerreitoría de Relacións Internacionail e Cooperación. (www.udc.es )

miércoles, 20 de noviembre de 2013

AVISO: CAMBIO DE DIA CURSO "COMO ELABORAR UN TRABALLO DE AULA"

O curso "Como elaborar un traballo de aula" previsto para o xoves 21 de novembro de 18:30-20:00h se pasa para o mércores 27 de novembro de 18:30-20:00h AULA 2.8


No enlace de abaixo tendes o formulario de inscrición xa que todavía estades a tempo de apuntarvos, os que non o fixeches ainda. Curso: "Cómo elaborar un traballo de aula"

https://docs.google.com/spreadsheet/viewform?usp=drive_web&formkey=dEFYRWZHZS1IaDMyUEtWYzl3Qk1abEE6MA#gid=0

Avisade aos vosos compañeiros! Grazas pola tua participación!

lunes, 18 de noviembre de 2013

CURSOS DE FORMACIÓN DEL CUFIE (Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa) DE LA UDC

Os recomiendo que echéis un vistazo y os informéis sobre los siguientes cursos, orientados a estudiantes de Grado: 

http://www.udc.es/cufie/formularios/paa.htm


jueves, 14 de noviembre de 2013

Convocatoria de 92 becas Santander Crue Cepyme

Prácticas en Empresa

Prazo de solicitude: ata o 31 de xaneiro de 2014

http://www.udc.es/admision_bolsas/axudas/bolsasUDC/2013/santander_crue_cepyme.html

Reserva de prazas no curso "A clave do éxito"

Reserva de prazas no curso "A clave do éxito"

Do día 13 ao 15 de novembro poderase reservar praza. O curso mudou as datas inicialmente previstas.

O curso A clave do éxito impartirase nas seguintes datas:
Mes de novembro: luns 18, xoves 20 e luns 25
Mes de decembro: luns 9 e luns 16
Horarios: de 19 a 22 horas
Lugar: CUR. Campus de Riazor
Prezos: 50 €, persoas da comunidade universitaria e familiares
80 €, público xeral
Máis información: Oficina de cultura da Casa do Lagar, no Campus de Elviña, ou na extensión 1954
Solicitados: 1 crédito de libre elección (plans antigos); 1 crédito recoñecemento (plans novos, asistindo aos 2 cursos de habilidades persoais)
Para ver el contenido del curso pincha aquí:
https://cultura.udc.es/DeporXestWebUDCCultura/actividades/datos.jsp?idActividad=452

miércoles, 13 de noviembre de 2013

A Facultade de Economía acolle unha conferencia sobre marketing alimentario

A Facultade de Economía acolle unha conferencia sobre marketing alimentario

A Coruña, 12 de novembro de 2013.- A Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña acollerá o venres, 15 de novembro, ás 10:30 horas, unha conferencia do profesor John Stanton sobre a técnica de análise de conxunto da utilidade das características dos produtos alimentarios.
A conferencia impartirase en inglés e, a continuación, desenvolverase un obradoiro dentro do programa de doutoramento en “Economía e Empresa: análise económica e empresarial”.
Stanton, catedrático de Marketing na St. Joseph University, Philadelphia, conta cunha ampla experiencia no mercado alimentario americano e desempeñou diversos postos directivos en industrias do sector. No plano científico, é autor de máis de sesenta publicacións de artigos académicos, incluíndo o Journal of Marketing Reseach e a revista Science, así como numerosos manuais.
Previamente, na tarde do xoves, 14 de novembro, Stanton dirixirá un workshop sobre innovación de produto en marketing agroalimentario, “Food&Beverage Marketing Helping Companies Make ‘What People Want to Eat’”, con tradución simultánea. Os coñecementos do profesor Stanton sobre as características das marcas e a presentación no mercado dos produtos agroalimentarios, en particular no mercado norteamericano, son de grande utilidade para a industria galega do sector.
A visita do profesor Stanton está organizada pola Cátedra Jean Monnet de Economía Industrial Europea e o Grupo de Competencia e Desenvolvemento da UDC, en colaboración co IGAPE e o Clúster Alimentario de Galicia.

martes, 12 de noviembre de 2013

NOVO CURSO OFRECIDO POLO PAT !! : "Cómo elaborar un traballo de aula":

Cursos de Novembro do Servizo de Formación e Recursos do PAT:

"Cómo presentar un traballo de aula"
Mércores 13/11 de 11:45h. a 13:15h. Xoves 14/11 de 18:45h. a 20:15h.

NOVO CURSO!! "Cómo elaborar un traballo de aula":
Mércores 20/11 de 10:00h. a 11:30h. Xoves 21/11 de 18:30h. a 20:00h.

No enlace de abaixo tendes a oferta dos dous cursos. Si xa estas inscrito no primeiro só tes que inscribirte no novo curso que leva o nome: "Cómo elaborar un traballo de aula"

https://docs.google.com/spreadsheet/viewform?usp=drive_web&formkey=dEFYRWZHZS1IaDMyUEtWYzl3Qk1abEE6MA#gid=0

Grazas pola tua participación!

CENTRO DE LINGUAS UDC . CERTIFICACION DE NIVEL iNGLES B1

 
CENTRO DE LINGUAS UDC
 
ACLES - UDC
 
A nosa certificación de dominio de idiomas

Próximo exame o 16 de decembro

Matrícula aberta

viernes, 8 de noviembre de 2013

Corrección de horarios curso PAT "Presentar un trabajo en el aula"


Pedimos disculpas por este error en los horarios (no en los días). Las horas correctas serían:

miércoles 13 de 11:45h. a 13:15h.
jueves 14 de 18:45h. a 20:15h

Ya está corregido este fallo en el formulario de inscripción. Gracias a todos por participar!

jueves, 7 de noviembre de 2013

Curso de formación transversal organizado por el PAT :"Cómo presentar un trabajo de aula".

 Hola a todos-as: dentro de la oferta de cursos de formación transversal organizado por el Plan de Acción Tutorial os informamos que se abre el período de inscripción para el curso: "Presentar un trabajo de clase".
Fechas 13 noviembre (18:45h-20:15h) y 14 de noviembre (11:45-13:15).
Será impartido por el profesor Pablo Abeal.
Como siempre os animamos a participar, siempre con el objetivo de mejorar vuestras exposiciones en el aula.

Para inscribirte pincha el enlace:
https://docs.google.com/spreadsheet/viewform?usp=drive_web&formkey=dEFYRWZHZS1IaDMyUEtWYzl3Qk1abEE6MA#gid=0

Un saludo!

miércoles, 6 de noviembre de 2013

Curso: A Inserción no Mercado Laboral (06-11-2013)

SOLICITUDE DE PRAZAS NO CURSO: 
A INSERCIÓN NO MERCADO LABORAL
Interesados: Enviar un correo a decaecon@udc.es co asunto “Curso de inserción no mercado laboral” até o 15 de novembro No correo aportarase a seguinte información:
Apelidos, Nome, DNI, Titulación, Teléfono, Correo electrónico

Prazo de Inscripción: até o 15 de novembro de 2013.

Solicitarase un crédito de libre configuración.

Ligazón: 
http://www.economicas.udc.es/contenido.php?idpag=2000&mostrar=noticias&idnot=not20111016180055