Dende a Área de Deportes da Universidade da
Coruña, queremos informarvos dos cursos de vela lixeira que organizamos durante
o mes de xullo e que darán comezo a vindeira semana.
Serán cursos de luns a venres en horario de
16:00 a 19:30 horas nas instalacións da Áula Náutica da Universidade no Dique de
Abrigo, cun prezo de 40 € (comunidade universitaria) e 60 € (Non
Universitarios). Levaranse a cabo sempre que se alcance un mínimo de 4
alumnos/as e un máximo de 12 alumnos/as por curso.
- semana do 30 de xuño ao 4 de xullo
- semana do 7 de xullo ao 11 de xullo
- semana do 14 de xullo ao 18 de xullo
- semana do 21 de xullo ao 28 de xullo
Máis información e inscricións no seguinte
enlace:
https://deportes.udc.es/DeporXestWebUDC/actividades/datos.jsp?idActividad=415
Agardámosvos!Área de Deportes da Universidade da Coruña