Bienvenidos al blog del Plan de Acción Tutorial PATECO

Bienvenidos al Plan de Acción Tutorial de la facultad de Economía y Empresa de la Universidad de A Coruña. A través de este blog podemos estar en contacto permanente y compartir información, material, preguntas, respuestas, etc...



viernes, 21 de noviembre de 2014

V Feira da Sustentabilidade na UDC

O 10 de decembro celébrase a V Feira da Sustentabilidade na UDC. Aproveitaremos a entrada do Nadal para achegar á Universidade unha mensaxe sobre o consumo responsable. Nesta feira teremos a ocasión de mercar os agasallos de Nadal dun xeito diferente e alternativo. Dando prioridade ao comercio local, comercio xusto e ao traballo de artesanía. Do mesmo xeito teremos a oportunidade de coñecer diferentes entidades e asociacións ambientalistas.
 
Ao longo da xornada poderemos participar en diferentes obradoiros, facer o noso caderno a partir de papel reutilizado e participar nunha mesa redonda sobre consumo responsable, coñeceremos diferentes experiencias sobre alimentación, roupa…
 
Abriremos un mercadiño de troco, onde podes traer a túa roupa ou complementos que xa non pos ou que quedou pequena e trocala por outra que che guste mais, deste xeito dámoslle unha segunda vida a roupa.

Esta feira terá lugar na Facultade de Economía e Empresa da universidade de A Coruña no campus de Elviña, nun horario de 11h a 19h

Estamos pechando o programa deste evento, a próxima semana anunciaremos as diferentes actividades, poñentes convidados e horarios.
 

miércoles, 19 de noviembre de 2014

Encontro virtual co equipo artístico do filme A ESMORGA XOVES, 20/11, de 12h00 a 14h00 - Facultade CC Economía e Empresa

"XOVES, 20/11, de 12h00 a 14h00 - Facultade CC Economía e Empresa
Encontro virtual co equipo artístico do filme A ESMORGA, composto por:
Ignacio Vilar, director
Karra Elejalde, actor
Miguel de Lira, actor
Antonio Durán "Morris"
Durante o encontro, o alunado de diferentes centros de ensino da zona formulará en directo as súas preguntas aos profesionais. Abordaranse temas económicos, políticos, sociais e culturais relacionados coa adaptación cinematográfica da obra de Blanco Amor e da súa relevancia para a sociedade galega.
Agardámosvos!
Información:www.aesmorgafilme.com

Facebook: A Esmorga Filme
Twitter: @aesmorgafilme

lunes, 17 de noviembre de 2014

INSCRICIÓN NOS CURSOS do PATFEE: WORD, POWER POINT E PISTAS PARA PRESENTAR UN TRABALLO DE AULA

 Xa está aberto o prazo de preinscrición nos cursos de novembro-decembro do Servizo de Formación e Recursos do PAT. Os cursos son:

  • Utilidades de WORD  + Pistas para elaborar un traballo de Aula:
Xoves 20 de novembro de 11:30h. a 13:00h. (AULA 0.1)
Xoves 20 de novembro de 18:30h. a 20:00h.(AULA 0.1)


  • Utilidades de POWER POINT+PREZI :
Xoves 27 de novembro de 11:30h. a 13:00h. (AULA 0.1)
Xoves 27 de novembro de 18:30h. a 20:00h.(AULA 0.1)

  • Cómo presentar un traballo de aula:
Martes 2 de decembro de 11:30h. a 13:00h. (AULA 2.10)
Martes 2 de decembro de 18:30h. a 20:00h. (AULA 2.10)

Lembra: O formulario pedirache que confirmes se participarás. Para iso debes seleccionar "Participarei".

Formulario de inscrición: https://docs.google.com/forms/d/1iLSn9NoumVqvcGPOQWZ_OPu1NR4p141LFUBDU_l4bKM/viewform?c=0&w=1&usp=mail_form_link

É necesario que CUBRAS TODOS os DATOS PERSOAIS que se solicitan. Seguirase unha orde de inscrición á hora de cubrir as prazas ao mesmo. *A INSCRICIÓN É ACEPTADA AUTOMÁTICAMENTE. En caso de NON HABER PRAZAS SUFICIENTES enviaríaselle un correo ao alumnado afectado.

*As AULAS serán publicadas no Blog do PAT: http://patfeeudc.blogspot.com.es/  A participación é GRATUITA. A inscrición e asistencia a cada curso dará dereito a obter un diploma acreditativo de participación no mesmo.

miércoles, 12 de noviembre de 2014

Xornada de Voluntariado Ambiental na UDC

A Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña organiza, en colaboración coa Asociación
Ecoloxista ADEGA e o Proxecto Ríos, unha xornada de Voluntariado Ambiental na UDC.

O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa
dos nosos ríos. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos galegos por
parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsábeis
da vixianza (adopción) do río que pasa polo seu municipio ou localidade.
O mércores 19 de novembro as 13:00, no río Lagar (Campus de Elviña), terá lugar a actividade. O punto de encontro será a porta da facultade de economía e empresas.

Esta actividade ten prazas limitadas, polo que se queres inscribirte envía un correo a oma3@udc.es

Información doutros anos:

martes, 11 de noviembre de 2014

Curso de Especialización en Responsabilidad e Innovación Social

Le informamos que el próximo 15 de noviembre finaliza el plazo de preinscripción en el Curso de Especialización en Responsabilidad e Innovación Social, cuya solicitud de implantación nos complace comunicar ha sido aprobada por el Consello de Goberno de la UDC en la sesión celebrada el pasado 30 de octubre.

El Curso de Especialización en Responsabilidad e Innovación Social será impartido durante el primer semestre de 2015 y contará con la participación de especialistas de reconocido prestigio vinculados a empresas, instituciones académicas, entidades no lucrativas y administraciones públicas con destacada proyección en el ámbito nacional e internacional.

Si desea conocer más información sobre este proyecto, consulte el siguiente enlace: http://catedrainditexudc.org/formacion/

Aprovechamos la ocasión para agradecer su colaboración en la difusión de esta información entre todos aquellos que pudieran estar interesados.

Un saludo cordial,
Cátedra Inditex
Consello Social da UDC

lunes, 10 de noviembre de 2014

III edición do Foro Xuventude en Movemento (dirixido ao alumnado dos últimos cursos e recéns titulados)

Os días 18 e 19 de novembro terá lugar a III edición do Foro Xuventude en Movemento que a UDC organiza xunto con Europe Direct e a Deputación de A Coruña. Nesta edición concentramos en dous días toda a actividade formativa (obradoiros e foros informativos). Ademáis invitamos a antiguos alumnos para que compartan a súa experiencia profesional especialmente no eido do empredendemento. Así estarán presentes un representante da empresa Colada Fácil, cadea de lavanderías, de Trileuco, empresa de servizos informáticos, e de Sinergias, empresa de intervención social especializada na igualdade de xénero,

Tamén querería salientar os dous conferencistas que se achegarán; Xosé Antonio Touriñán,actor, monologuista e conductor de programas televisivos, Licenciado en Filoloxía Galega pola UDC; e, Anxo Pérez, nacido en Fisterre, formado en EEUU, Bélxica e China. Fala 9 idiomas, foi traductor do presidente Obama, fundador da empresa 8Belts.

Os obradoiros responden a través de diferentes metodoloxías aos pilares básicos de búsqueda de emprego, marca persoal, curriculum vitae, etc. Teñen por obxectivo reforzar o recén implantado programa de mellora da empregabilidade 2014/2015.

Alén disto, esta formación será susceptible para o alumnado de Grao do recoñecemento de 1.5. crédito, sempre que cumplan coa asistencia a 4 dos 6 bloques dos que se compoñe o programa.

E, por último, a actividades son de balde e están abertas a todas as persoas interesadas ainda que on pertenzan á UDC.

Agradezo de antemán a disfusión que poida facer entre o alumnado, particularmente dos últimos curso e recéns titulados, do seu Centro e quedo ao seu dispor para calquera clarexamento.

Reciba un cordial saúdo
Toda a información en : http://xuventudeenmovemento.eu/


Mª José Martínez López
Vicerreitora de Estudantes, Deportes e Cultura
vedc@udc.es
Tlf. 981167000 Ext. 1151

viernes, 7 de noviembre de 2014

INSCRICIÓN NOS CURSOS DE NOVEMBRO (I) 2014 DO SERVIZO DE FORMACIÓN E RECURSOS DO PAT DA FEE. EXCEL 0 y EXCEL I

Os cursos son:  TURNO DE MAÑAN:
  •  EXCEL Nivel 0: Luns 17 de novembro de 11:30h. a 13:00h. (AULA 0.1)
  •  EXCEL Nivel 1: Mércores 19 de novembro de 11:30h. a 13:00h. (AULA 0.2)
TURNO DE TARDE:
  •  EXCEL Nivel 0: Mércores 12 de novembro de 18:30h. a 20:00h. (AULA 0.2)
  •   EXCEL Nivel 1: Mércores 19 de novembro de 18:30h. a 20:00h. (AULA 0.2)
FORMULARIO DE INSCRICION:https://docs.google.com/forms/d/1_CcV_5_IACxZrKtcQIRD-Lt8Wje9uh2hFrhO5R1Yhy8/viewform?c=0&w=1&usp=mail_form_link  Lembra: O formulario pedirache que confirmes se participarás. Para iso debes seleccionar "Participarei".

É necesario que CUBRAS TODOS os DATOS PERSOAIS que se solicitan. Seguirase unha orde de inscrición á hora de cubrir as prazas ao mesmo.  *A INSCRICIÓN É ACEPTADA AUTOMÁTICAMENTE. En caso de NON HABER PRAZAS SUFICIENTES enviaríaselle un correo ao alumnado afectado.

A  participación é GRATUITA. A inscrición e asistencia a cada curso dará dereito a obter un diploma acreditativo de participación no mesmo.