Plan de Acción Tutorial Facultad Economia y Empresa
Páginas
▼
domingo, 16 de septiembre de 2012
Asignación Traballos Fin de Grao (curso 2012-13)
AVISO DE PRÓXIMOS PRAZOS
Do 17 ao 19 de
setembro: prazo de presentación de solicitudes
de realización de Traballos de Fin de Grao que non figuran na listaxe
oficial aprobada o 11/07/2012. Segundo o punto 6.8 do Regulamento dos
Traballos de Fin de Grao, o estudante pode “desenvolver un proxecto sobre un
tema específico do seu interese, debendo contactar directamente cun/cunha
profesor/a que puidese estar interesado para que actúe como director/a”. O
correspondente formulario, dirixido ao decano da facultade, está dispoñible aquí
(.docx; .odt), e hai que
entregalo na administración do centro.
Venres 28 de setembro:
asignación xeral dos Traballos de Fin de Grao, a cal terá lugar
ás 15.30 na Aula Magna da facultade. Os
estudantes matriculados deberán estar presentes en dita data, hora e lugar para
facer efectiva a asignación. Chamaranse a todos os matriculados por orde de nota
media de expediente, e cada estudante poderá manifestar a súa preferencia por un
dos temas dispoñibles.Se un estudante non
estiver no momento de ser chamado, pasaría ao final da listaxe e, se non se
presentar, asiganaríaselle un traballo dos que ficasen dispoñibles. Por
tanto, recoméndase ver a listaxe de titorías dispoñibles publicado na páxina da
facultade, no apartado Estudantes -> Traballo Fin de Grao, e acudir á xornada
de asignación tendo claro a propia orde de preferencias de temas e o código dos
traballos que desexan realizar. É posible contactar aos titores dos traballos
publicados na listaxe para aclarar os contidos dos temas propostos antes da
asignación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario