Páginas

jueves, 28 de mayo de 2015

BOLSAS DE COLABORACIÓN DO ESTUDANTADO DA UDC

BOLSAS DE COLABORACIÓN PARA FORMACIÓN COMPLEMENTARIA DO ESTUDANTADO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA
CURSO 2015-2016
PRAZO DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE:
Ata o domingo 7 de xuño ás 24:00
REQUISITOS DAS PERSOAS SOLICITANTES
Esta convocatoria vai dirixida exclusivamente ao estudantado que se relaciona a continuación.

Todas as persoas solicitantes dunha bolsa deberán cumprir os seguintes requisitos:

1. Estar matriculado no curso 2015/2016 na Universidade da Coruña en estudos oficiais de:
- Licenciatura, Arquitectura ou Enxeñaría superior e ter superados o 30% dos créditos.

- Diplomatura, Arquitectura ou Enxeñaría técnica e ter superados o 30% dos créditos.

- Titulacións de Grao e ter superados o 30% dos créditos.

2. Non exceder de 28 anos de idade durante o período de aproveitamento da bolsa.

3. Non percibir ningunha axuda económica incompatible. Tampouco poderá realizarse ningunha actividade retribuída que supoña a obtención de ganancias superiores no seu importe ao trinta por cento do Salario Mínimo Interprofesional.

4. Existir conexión entre a actividade obxecto da bolsa e o perfil académico de quen presenta a solicitude. Alén dos requisitos anteditos, a persoa solicitante dunha bolsa, deberá cumprir en cada caso os requisitos específicos que figuran no anexo 1 correspondentes ás distintas áreas de formación, se os houber.

5. Non ter sido beneficiario doutras bolsas propias da UDC cuxa duración engadida á actual solicitude supere os 12 meses.

Non se poderán aproveitar da mesma bolsa aquelas persoas que xa a aproveitaran en cursos anteriores.

INCOMPATIBILIDADE: A persoa adxudicataria dunha bolsa de colaboración para a formación complementaria ao abeiro desta convocatoria non poderá concorrer, no mesmo curso académico, ás bolsas de colaboración en formación complementaria nos departamentos universitarios dos centros propios da UDC.  
Enlace á convocatoria:
http://www.udc.gal/sape/actualidade/2015/05/15-16_Conv.form.compl..html

MAIS INFORMACIÓN: www.udc.gal/sape
sape@udc.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario