Bienvenidos al blog del Plan de Acción Tutorial PATECO

Bienvenidos al Plan de Acción Tutorial de la facultad de Economía y Empresa de la Universidad de A Coruña. A través de este blog podemos estar en contacto permanente y compartir información, material, preguntas, respuestas, etc...



jueves, 28 de abril de 2011

Foro charla-coloquio baixo o título Investimentos en economía real, rendibilidade financeiro-emocional.

Teño o pracer de convidarte á conferencia de Antonio Fernández Hernando, o próximo martes 3 de maio ás 19:00 horas na sede da Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande, 21-24, A Coruña), que se celebra dentro do ciclo de conferencias do Foro de Promoción Económica e Social do Concello da Coruña.


Antonio Fernández Hernando, economista pola Universidade Complutense de Madrid e MBA polo IESE Business School da Universidade de Navarra, é presidente de Armabex, asesor rexistrado pola Bolsa de Madrid autorizado para asesorar a empresas na súa cotización no Mercado Alternativo Bursátil (MaB), e socio-fundador de Prusland.

Participa neste Foro cunha charla-coloquio baixo o título Investimentos en economía real, rendibilidade financeiro-emocional.
 
Nun contexto económico de rápidas e fondas transformacións, a conferencia ten por obxecto analizar o valor engadido dos investimentos financeiros, a busca dunha rendibilidade financeiro emocional. Como conxugar inversores con talento e ideas aproveitando a innovación, a internet e os novos modelos de negocio serán os eixos centrais da charla de Antonio Fernández.


Agardando contar coa túa presenza, recibe un cordial saúdo.
 

Henrique Tello León
Primeiro Tenente de Alcalde do Concello da Coruña

 

Convite extensivo aos alumnos do centro.
Entrada libre ata completar aforo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario