Bienvenidos al blog del Plan de Acción Tutorial PATECO

Bienvenidos al Plan de Acción Tutorial de la facultad de Economía y Empresa de la Universidad de A Coruña. A través de este blog podemos estar en contacto permanente y compartir información, material, preguntas, respuestas, etc...



viernes, 10 de febrero de 2012

VOLUNTARIADO UDC, EXPOSICION FOTOGRAFICA ALUMNOS UDC Y PCR

A Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña organiza a inauguración da Exposición Fotográfica PCR-2012. Con esta exposición estase a difundir a convocatoria de Proxectos de Coñecemento da Realidade (PCR), coa que se pretende dar a coñecer á comunidade universitaria a dita iniciativa, a partir das fotografías de experiencias pasadas do alumnado propio da Universidade.

A inauguración en Ferrol terá lugar o día 13 de Febreiro no Salón de Actos do Campus de Esteiro, ás 17.00 h. Á inauguración acudirán a Vicerreitora de Relacións Internacionais e Cooperación, Dª Natalia Álvarez Lata, a Vicerreitora de Ferrol e Responsabilidade Social, Dª Araceli Torres Miño, e o director da Oficina de Cooperación e Voluntariado, Luís Hervella Nieto.

Haberá unha mesa redonda que correrá a cargo de tres participantes nas bolsas PCR en anos anteriores (Beatriz García Ron, Victoriano Fabeiro Balboa e Álvaro Fernández Seco), onde contarán as súas experiencias en cooperación internacional en países como Honduras, Nicaragua ou Guatemala. Finalmente culminará cunha videoconferencia con Víctor Vázquez Álvarez, primeiro alumno que realizou un PCR, e actual traballador do Banco Mundial en Washington. A inauguración estará aberta ao público e será de balde.

Ao mesmo tempo, a exposición fotográfica estará a semana do 13 de febreiro ao 2 de marzo no salón de Actos aberta ao público, e rotará polo campus de Serantes en Ferrol, na semana do 5 ao 9 de marzo.

 Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña (OCV-UDC). Teléfono: (981) 16-70-00 (extensións 3677, 3671, 1752 e 1740), ocv@udc.es; ocvfer@udc.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario