Bienvenidos al blog del Plan de Acción Tutorial PATECO

Bienvenidos al Plan de Acción Tutorial de la facultad de Economía y Empresa de la Universidad de A Coruña. A través de este blog podemos estar en contacto permanente y compartir información, material, preguntas, respuestas, etc...



viernes, 11 de enero de 2013

PLAZA VACANTE NO VIVEIRO DE EMPRESAS DA UDC


Ábrese unha nova convocatoria para cubrir 1 praza no Viveiro de Empresas de Base Tecnolóxica da Universidade da Coruña situado no Edificio de Servizos Centrais de Investigación, Campus de Elviña.

Data límite de presentación de solicitudes: venres día 25 de xaneiro de 2013.


Solicitude:  os interesados en acceder ao viveiro deberán presentar a seguinte documentación:

-       “Solicitude de acceso” debidamente asinado
-       “Presentación da iniciativa empresarial”
-       “Descrición da iniciativa empresarial” ou plan de empresa
-        “Aceptación de normas de acceso e de permanencia” debidamente asinado

No caso de que a empresa estea constituída deberase achegar ademais a documentación referida no artigo 2. B. do Regulamento para a admisión e permanencia das empresas de base tecnolóxica no viveiro de empresas da UDC.

Lugar de presentación de solicitudes:
-       As solicitudes dirixiranse ao Sr. Vicerreitor de Investigación e Transferencia, e poderán entregarse en calquera dos rexistros da Universidade da Coruña
·         Rexistro Xeral da UDC na Maestranza
·         Rexistro do campus de Ferrol
·         Rexistro do campus de Elviña
-       Así mesmo agradecerase se envíen por adiantado as solicitudes en formato dixital á conta de correo electrónico da OTRI ucotri@udc.es

Resolución: 
-       Para a selección teranse en conta os criterios expostos no regulamento de admisión e permanencia das empresas no viveiro da UDC
-       Logo de recompiladas as solicitudes, a comisión se o estima conveniente, contactará  cos solicitantes para fixar unha data para realizar unha  exposición oral do proxecto utilizando como soporte o documento “Presentación da iniciativa empresarial”.

Para máis información:
-       Web do viveiro
-       Teléfono: 981 167 000 extensións: 2629, 1494
-       Correo-e: ucotri@udc.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario