Bienvenidos al blog del Plan de Acción Tutorial PATECO

Bienvenidos al Plan de Acción Tutorial de la facultad de Economía y Empresa de la Universidad de A Coruña. A través de este blog podemos estar en contacto permanente y compartir información, material, preguntas, respuestas, etc...



viernes, 18 de octubre de 2013

ESPAZO FEE (a revista da Facultade de Economia e EMpresa)

Cuarto número de ESPAZO FEE
Está a prepararse o cuarto número da revista Espazo FEE. Preténdese que nesta publicación continúen a participar todos os membros da comunidade universitaria interesados con colaboracións variadas. Trátase dunha revista académica, porque é iniciativa dunha facultade universitaria. Porén, a súa orientación non é estritamente científica ou profesional, senón que está aberta a todas as temáticas que vos poidan ser de interese (difusión, lecer, opinión, etc.).

Cómpre observar as seguintes normas:
1. Achegarase o texto en formato open office ou word antes do 31 de outubro de 2013 ao enderezo electrónico revista.espazo.fee@gmail.com indicando no asunto "Colaboración Espazo FEE nº 4".
2. As colaboracións terán unha extensión máxima de 2.000 caracteres (espazos incluídos)
3. Irán redactados en lingua galega
4. O ficheiro co texto da colaboración deberá incluír:
  • Título da colaboración.
  • Nome do autor.
  • Sector ao que pertence: PDI, PAS, estudante (neste caso, indicarase que título está a cursar e en que ano se atopa), colaborador externo á UDC.
  • Texto da colaboración (máximo de 2.000 caracteres con espazos incluídos)
  • Fotos ou material gráfico (de ser o caso)
5. O colaborador asume o criterio de selección do comité de redacción no tocante á localización na revista e á inclusión ou exclusión do traballo nun dos números da revista. Eventualmente, de ser o caso, pódese solicitar ao autor algún cambio de extensión para adaptalo ás dispoñibildades de espazo.
Para que esta iniciativa siga a funcionar como nas edicións anteriores, coidamos que a implicación de todos/as é fundamental. Por tal motivo, animámosvos a participar neste número da revista.
Anxo Calvo. Decano FEE

No hay comentarios:

Publicar un comentario