Recordámosvos que dende a OMA queremos aproveitar a chegada do
Nadal para convidarvos a participar nesta feira coa que se pretende
enviar unha mensaxe de consumo responsable, colaboración e participación
na comunidade universitaria.
O
vindeiro 12 de decembro poderédesnos acompañar en diversas actividades. Entre
elas atoparedes traballos de artesanía, obradoiros referentes ao Nadal e
tamén o comercio xusto, entre outros.
Por outra
banda, temos oportunidade de facer unha recollida de alimentos e xoguetes que serán
levados á Cociña Económica, a cal participa en dito evento. Parécenos algo moi
importante debido ás carencias polas que está a pasar a gran maioría da
sociedade nestes momentos. Do mesmo xeito tamén se realizará a recollida de
móbiles en colaboración co Instituto Jane Goodall. Ofrecerase un chocolate quente como agradecemento á vosa
participación.
Poderedes
trocar obxectos que non precisedes no mercadiño
de troco e disfrutar na compaña dos vosos amigos nunha feira cargada
de sorpresas e ambiente de Nadal e, porque non, ecolóxico.
Esta
feira terá lugar na Facultade de Economía e
Empresa da Universidade da Coruña no campus de Elviña, comezará ás 11:00 da mañá, rematando ás 19:00 da tarde.
Mais información:
Facebook: “Oficina de Medio
Ambiente UDC”, “bolseiros OMA”
Twitter:
@OMA_UDC
No hay comentarios:
Publicar un comentario