Bienvenidos al blog del Plan de Acción Tutorial PATECO

Bienvenidos al Plan de Acción Tutorial de la facultad de Economía y Empresa de la Universidad de A Coruña. A través de este blog podemos estar en contacto permanente y compartir información, material, preguntas, respuestas, etc...



lunes, 24 de febrero de 2014

ASIGNACIÓN DE TRABALLOS DE FIN DE GRAO - CUPO XERAL - FEBREIRO-MARZO 2014

Calendario:

20/02/2014: Publicación da listaxe de estudantes matriculados que están pendentes de asignación e que deberán elixir no cupo xeral.
27/02/2014: Publicación da oferta de TFGs que integran o cupo xeral da FEE para a elección.
04/03/2014: Prazo para a tramitación de TFGs bilaterais polos estudantes e alumnos
05/03/2014: Acto público de elección de TFGs para alumnos matriculados que non teñen traballo asignado.
10/03/2014: Data tope para que os estudantes aos que se lles asignou TFG neste proceso se presenten ante os seus titores.

Nota:
Amplíase o prazo para a presentación de propostas de TFGs bilaterais. Os estudantes matriculados dirixiranse aos profesores concretos en función dos temas que lles resulten de interese para a realización do TFG. Se existir acordo, presentarán na Secretaría do Decanato o documento previsto asinado polo titor e polo estudante. Estes TFGs non se restan da listaxe do cupo xeral. Unha vez asinado, o profesor e estudante poden comezar a realizar o TFG. En todo caso, se un estudante está incluído na listaxe publicada o 20/02/2014 e asina un bilateral, presentarase no acto de elección do día 5 de marzo para indicar esta circunstancia provisto dunha copia do acordo bilateral presentada no Decanato.
(IMPORTANTE: a sinatura de TFGs bilaterais en ningún caso modificará a listaxe de TFGs ofertados no cupo xeral)

Se un estudante non se presentar no acto de elección, perde a posibilidade de elixir TFG e asume que a comisión de TFGs lle vai asignar un traballo dos dispoñibles.

Anxo Calvo

No hay comentarios:

Publicar un comentario