Bienvenidos al blog del Plan de Acción Tutorial PATECO

Bienvenidos al Plan de Acción Tutorial de la facultad de Economía y Empresa de la Universidad de A Coruña. A través de este blog podemos estar en contacto permanente y compartir información, material, preguntas, respuestas, etc...



jueves, 26 de junio de 2014

Area de Deportes UDC: cursos de vela lixeira

Dende a Área de Deportes da Universidade da Coruña, queremos informarvos dos cursos de vela lixeira que organizamos durante o mes de xullo e que darán comezo a vindeira semana.

Serán cursos de luns a venres en horario de 16:00 a 19:30 horas nas instalacións da Áula Náutica da Universidade no Dique de Abrigo, cun prezo de 40 € (comunidade universitaria) e 60 € (Non Universitarios). Levaranse a cabo sempre que se alcance un mínimo de 4 alumnos/as e un máximo de 12 alumnos/as por curso.
  • semana do 30 de xuño ao 4 de xullo
  • semana do 7 de xullo ao 11 de xullo
  • semana do 14 de xullo ao 18 de xullo
  • semana do 21 de xullo ao 28 de xullo
Son cursos abertos a toda a comunidade universitaria; alumnos, Pas e Pdi (con posibilidade para fillos/as de mínimo 15 anos e cónxuxes) e aos Non Universitarios. Todos os participantes deberán ter o Abono Deporte (no caso da comunidade universitaria) ou o Abono Matrícula (no caso dos Non Universitarios).

Máis información e inscricións no seguinte enlace: https://deportes.udc.es/DeporXestWebUDC/actividades/datos.jsp?idActividad=415
Agardámosvos!
Área de Deportes da Universidade da Coruña

No hay comentarios:

Publicar un comentario