Bienvenidos al blog del Plan de Acción Tutorial PATECO

Bienvenidos al Plan de Acción Tutorial de la facultad de Economía y Empresa de la Universidad de A Coruña. A través de este blog podemos estar en contacto permanente y compartir información, material, preguntas, respuestas, etc...



viernes, 16 de enero de 2015

INTERESANTE JORNADA EN LA FACULTAD DE INFORMATICA 28-29 ENERO

Semana Anita Borg
Os días 28 e 29 de xaneiro celebraráse na Facultade de Informática a Semana de Anita Borg : “TICs e Liderado para tod@s...contado por ELAS”.
O programa das xornadas, que non está orientado únicamente a mulleres, senón que abordará temas como o éxito empresarial, ou a importancia da imaxe online, é o seguinte:
28 xaneiro
15:45 - 16:00 -- Inauguración
16:00 - 17:30 -- Carme Miró. Entrevista sobre o éxito empresarial e a importancia da imaxe de marca online.
17:30 - 19:00 -- Cristina Gamallo. Experiencia creando unha empresa innovadora de robótica en Galicia.
19:15 - 20:45 -- Mariel Martínez. GDGs en Galicia, Women in Tech, Tech & ladies.
29 xaneiro
16:00 - 17:00 -- Panel: situación laboral das TIC. Participan: Laura Castro (profesora e investigadora da Facultade de Informática), Fernando Suárez (presidente do CPEIG), María R. Malmierca, (coordinadora de ICT Go Girls e da área de E-learning do CESGA).
17:00 - 17:30 -- Presentación de WikinformáticA e entrega de premio.
17:30 - 19:00 -- Verónica Ramallal. Imaxe online: social media e marca personal.
19:00 - 19:15 -- Clausura.
As persoas interesadas en asistir poden inscribirse a través da ligazón: http://www.udc.gal/oficinaigualdade/AFIX/Actividades.html
O certificado de asistencia a esta xornada poderá ser utilizado polo alumnado para o recoñecemento de créditos por cursos de formación en igualdade.
Para o PDI ou bolseiros con docencia no POD, será certificado a través do CUFIE. Máis información https://wiki.fic.udc.es/semanaanitaborg/eventos/coruna.html

--
Un saludo,
Susana Ladra González
Vicedecana de Organización Académica
Facultad de Informática
Universidad de A Coruña
Campus de Elviña, s/n 15071 - A Coruña
Tlf.: (+34) 981 167000 (ext.: 1200/1306) e-mail: vicedecano.docente.fic@udc.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario