Bienvenidos al blog del Plan de Acción Tutorial PATECO

Bienvenidos al Plan de Acción Tutorial de la facultad de Economía y Empresa de la Universidad de A Coruña. A través de este blog podemos estar en contacto permanente y compartir información, material, preguntas, respuestas, etc...



miércoles, 5 de octubre de 2011

Oficina de cooperación e voluntariado


Bo día


Dende a OCV querémosvos propoñer unha actividade de achegamento á cultura Islámica, comunidade esta que en Galicia aglutina xa a máis de 6000 persoas, e que, sen embargo, para moitos de nós, segue a ser unha auténtica descoñecida.


Neste senso, coas posibilidades que nos ofrece a nosa convocatoria anual de Xornadas de Sensibilización sobre Inmigración, Interculturalidade e Cooperación, quisémonos achegar un pouco a esta comunidade, tratando de recoñecer pinceladas que abranguerán dende as máis recentes "Primaveiras Árabes", a situación da muller e do feminismo, até os sutís mecanismos polos que a Islamofobia provoca conductas racistas e xernófobas, fomentadas por algunhas opcións políticas.


Non esqueceremos mencionarvos o interesante obradorio sobre cómo abordar este racismo, ou a mesa redonda en torno ás dificultades das Prácticas Musulmanas, revisando a labor da mediación intercultural con este tipo de poboación.


Como consideramos importante este achegamento, quereriamos compartir convosco estas xornadas, para que, na medida das vosas posibilidades, nos poidades acompañar nalgunha, e na medida do posíbel, lles deades difsuión.


Agradecendo a vosa atención, recibide un cordial saúdo.


Atentamente,



Marcos Ulloa MartínezTécnico da Oficina de Cooperación e Voluntariado
Facultade de Socioloxía, andar 1º
15071 Campus de Elviña (A Coruña)
Tlf: +34 981 167000 ext 1740
email: ocvcoop@udc.es
http://www.udc.es/cooperacion




No hay comentarios:

Publicar un comentario