Bienvenidos al blog del Plan de Acción Tutorial PATECO

Bienvenidos al Plan de Acción Tutorial de la facultad de Economía y Empresa de la Universidad de A Coruña. A través de este blog podemos estar en contacto permanente y compartir información, material, preguntas, respuestas, etc...



lunes, 10 de diciembre de 2012

Comunicado dos reitores e reitoras de universidades públicas españolas

A Universidade, garantía de futuro

As universidades somos plenamente conscientes da complicada situación económica do noso país, que tamén vivimos en primeira persoa. É por isto que valoramos os grandes esforzos que está a facer toda a cidadanía para seguir adiante.
As universidades, agora máis que nunca, estamos traballando para mellorar o noso rendemento, a pesar dos recortes orzamentarios que estamos a sufrir desde hai uns anos. Ata o de agora, fixemos un esforzo para seguir mantendo os estándares de calidade nas tres grandes funcións da universidade: a docencia, a investigación e a innovación.
Porén, ante a inminente aprobación dos novos orzamentos xerais do Estado, e os orzamentos correspondentes a cada unha das comunidades autónomas, atopámonos nunha situación preocupante, que pode prexudicar a universidade española tal e como a coñecemos ata agora e impedir o desenvolvemento das actividades esenciais. Por este motivo, queremos manifestar publicamente o seguinte:
1. A diminución dos orzamentos xerais do Estado para 2013 nun 18% en educación superior, e nun 80% nos gastos non financeiros en I+D+i, supón unha deterioración irreparable do sistema de I+D+i que, xuntamente coa conxelación dos cadros de persoal de recursos humanos, levará o noso país á perda do tren do desenvolvemento tecnolóxico e hipotecará a investigación e os maiores avances na fronteira do coñecemento.
2. Os efectos do endebedamento das comunidades autónomas, xunto coa mingua das transferencias das partidas destinadas ás universidades, están conducindo o noso sistema universitario a unha situación próxima á asfixia económica, que se traducirá nun estrago irreparable. Isto contradise co discurso político, de que “o noso país debe basear o seu progreso no coñecemento”. Sen investimento en educación superior nin en I+D+i será inviable o funcionamento das universidades públicas. E, sen coñecemento, non haberá progreso.
Ante esta situación, os reitores e as reitoras das universidades españolas solicitamos o seguinte:
Que a educación superior, a investigación, o desenvolvemento e a innovación, que van intrinsecamente unidas entre si, sexan consideradas como un investimento e non como un gasto e que as universidades españolas, tal e como solicitou recentemente a Asociación da Universidade Europea (EUA) aos xefes de Estado e de goberno europeos, teñan un financiamento público suficiente e sostible e se fortaleza a autonomía universitaria para que poidan diversificar as súas fontes de ingresos sen obstáculos.
As universidades comprometémonos a incrementar a eficacia e a eficiencia das nosas institucións, e a continuar coa transparencia e a rendición de contas ante a sociedade, co fin de que as nosas universidades sigan impulsando a cohesión social do noso país e sexan motores e fontes de coñecemento e riqueza.
Esta universidade manifesta a súa vontade de colaboración coas administracións públicas para axudar a resolver este grave problema económico e para seguir traballando por un futuro sostible para as universidades españolas. Se estas perden calidade, tamén o fará a investigación científica, a innovación tecnolóxica e, por suposto, a formación. Non perderán soamente as universidades, senón que perderemos TODOS, o conxunto da sociedade. Quedarémonos sen unha das armas necesarias para avanzarmos e saírmos da crise económica: o coñecemento.
Dada a gravidade desta situación, este comunicado dáse a coñecer de forma simultánea en todas as universidades públicas españolas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario