Bienvenidos al blog del Plan de Acción Tutorial PATECO

Bienvenidos al Plan de Acción Tutorial de la facultad de Economía y Empresa de la Universidad de A Coruña. A través de este blog podemos estar en contacto permanente y compartir información, material, preguntas, respuestas, etc...



miércoles, 5 de diciembre de 2012

III Feira da Sustentabilidade. Feira de Nadal

12 decembro 2012. Facultade de Economía e Empresa. Campus Elviña

O 12 de decembro celébrase a III Feira da Sustentabilidade na UDC. Aproveitaremos a chegada do Nadal para achegar á universidade unha mensaxe sobre o consumo responsable. Nesta feira teremos a ocasión de mercar os agasallos de Nadal dun xeito diferente. Dando prioridade ao comercio local, comercio xusto e ao traballo dos e das artesáns. Do mesmo xeito teremos a oportunidade de coñecer diferentes entidades e asociacións ambientalistas.
Ao longo da xornada poderemos participar en diferentes obradoiros como elaboración de cosméticos naturais, elaboración de obxectos a partir de papel reutilizado con técnicas de cestería e coñecer xogos tradicionais.
Un membro do Proxecto Fiare explicaranos en que consiste o proxecto da banca ética (charla-debate).
E por ultimo, poderemos trocar os obxectos que xa non precisamos nun mercadiño de troco
Esta feira terá lugar na Facultade de Economía e Empresa da universidade de A Coruña, no campus de Elviña, nun horario de 11h a 19h.

Programa
11.00 h Apertura da III Feira de Nadal
11:15 h Inauguración da III Feira de Nadal
11.30 h Charla- debate: Fiare, Banca ética (a cargo de Raúl Asegurado, presidente da asociación Fiare Galiza). Salón de Graos, 2º Andar
12.30 h Obradoiro: Cestería con papel. FEITO CON XEITO. 1º Andar
17:00 h Obradoiro: Cosméticos naturais. ADEGA. 1º Andar 
Exposición de xogos tradicionais. A casa dos xogos. 1º Andar
Mercadiño de Troco. 1º Andar
Máis información:

No hay comentarios:

Publicar un comentario