APOIO PARA OS EMPRENDEDORES DA UDC
A Coruña, 27 de febreiro de 2013.- Emprendedores universitarios e empresas do viveiro da Universidade da Coruña beneficiaránse da oferta de servizos da Asociación de Jóvenes Empresarios da Coruña, despois de que o reitor, Xosé Luís Armesto, e o presidente da entidade asociativa, Óscar Valcuende, asinasen esta mañá un convenio de colaboración. Deste xeito, explicou Valcuende, os emprendedores universitarios poderán acceder a facilidades de financiamento, aos talleres formativos ou ás axudas para a creación dos planos de negocio dos que dispoñen o resto dos asociados que superan os 300.O convenio que se asinou hoxe é o primeiro que concreta liñas de traballo conxuntas entre a Universidade e AJE e, segundo explicou Óscar Valcuende, proximamente haberá outros proxectos en común entre ambas entidades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario