Bienvenidos al blog del Plan de Acción Tutorial PATECO

Bienvenidos al Plan de Acción Tutorial de la facultad de Economía y Empresa de la Universidad de A Coruña. A través de este blog podemos estar en contacto permanente y compartir información, material, preguntas, respuestas, etc...



viernes, 22 de febrero de 2013

Preguntas frecuentes del TFG


 Como siempre, os remito a la normativa aprobada sobre la elaboración del TFG de la FEE.
 
300 horas de traballo para o alumno
Os contidos dos TFG propostos deberán axustarse ao número de horas de dedicación previstas no plan (25 horas/ECTS); en particular, os TFG na Facultade de Economía e Empresa prevén un
total de 12 créditos ECTS e, polo tanto, 300 horas de traballo do alumno. A carga de traballo para o alumno inclúe o traballo de procura bibliográfica, recompilación e análise de datos,
estudo, elaboración e redacción dos contidos, preparación da presentación, e todas as demais tarefas necesarias para superar con éxito a materia.
Extensión do TFG
 A extensión do TFG será de entre 8.000 e 15.000 palabras, excluídas a bibliografía e os anexos;
en ningún caso o traballo poderá superar unha extensión de 70 páxinas. Seguirase o formato establecido no modelo de Traballo de Fin de Grao da facultade, dispoñible na súa páxina web.
No modelo de traballo de fin de grao especifícanse tamén a estrutura básica e as normas de redacción das referencias bibliográficas.
Actividades docentes do Traballo fin de Grao
As actividades docentes deberán incluír un mínimo de horas de orientación individual
proporcionais ao número de créditos do TFG. En particular, para un traballo de 12 créditos
ECTS, o mínimo de horas de orientación individual é 6, sendo a carga total de traballo para o
alumno de 300 horas.
Cada titor realizará o seguimento dos seus alumnos e valorará o traballo realizado e o grao de
consecución dos obxectivos propostos segundo o modelo de informe elaborado pola Comisión
de TFG. De acordo co regulamento de TFG da Facultade de Economía e Empresa, o tribunal de
avaliación terá en conta devandito informe nas súas deliberacións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario