Bienvenidos al blog del Plan de Acción Tutorial PATECO

Bienvenidos al Plan de Acción Tutorial de la facultad de Economía y Empresa de la Universidad de A Coruña. A través de este blog podemos estar en contacto permanente y compartir información, material, preguntas, respuestas, etc...



jueves, 11 de abril de 2013

INSCRIPCION CURSOS DE FORMACION DEL PAT DE LA FACULTAD DE ECONOMIA Y EMPRESA (ABRIL 2013)

OLA A TODOS-AS:
Dende o Servizo de Formación e Recursos do PAT propoñemos aos estudantes a "Semana de Orientación Sociolaboral", que estará composta por dous tipos de actividades, ponencias-coloquio e cursos formativos.
 

OBSERVACIÓNS:
  • Podes apuntarte en TODOS os cursos, pero NON é obrigatorio apuntarse a todos.
  • É necesario que CUBRAS TODOS os DATOS PERSOAIS que se solicitan.
  • Escolle os cursos nos que desexas participar sinalando "Participarei".
  • A participación nos mesmos é GRATUITA.
  • A inscrición e asistencia a cada curso dará dereito a obter un diploma acreditativo de participación no mesmo.
ANIMAMOS A TODOS OS ESTUDANTES A QUE PARTICIPEN ACTIVAMENTE NAS ACTIVIDADES.
Na páxina web da FEE estará colgado un enlace para realizar a inscrición nos mesmos.
Moitas grazas a todos pola vosa axuda na difusión entre os estudantes desta iniciativa.

 




As PONENCIAS-COLOQUIO teñen varias temáticas:
- "Marxismo para no marxistas", que impartirá o profesor da FEE D. Julio Sequeiros.
- "Pistas para a Mobilidade Internacional", que levará a profesora da FEE Dª. Emma Iglesias.
- "E ao rematar na FEE podería... emprender", na que antigos alumnos da FEE que decidiron ser emprendedores e montar unha empresa contarannos a súa experiencia. Virán contarnos a súa experiencia: Marta Camino de "Quorum Económico" empresa adicada á consultoría-asesoría, Carlos González de "Qualisure", empresa tecnolóxica, e Javier Corrochano, de UNI, empresa adicada ao Marketing.
- "E ao rematar na FEE podería... traballar en banca", na que conversaremos con antigos alumnos que traballan na banca e contarannos a súa experiencia. Contaremos coa participación de Telesforo Veiga Rial, CIO en Banco Pastor e a de Pablo Rodriguez-Losada, Director Comercial Corporativo en Grupo Intasa e foi Director de Área Inmobiliaria do Banco Pastor, ambos os dous ex-representantes de alumnos da facultade do curso 1992-93.
 
Os CURSOS FORMATIVOS están orientados a inserción laboral:
1.- "Cómo elaborar o meu Curriculum VItae", con diferentes días e horarios para que poidas escoller o que melor che vai.
2.- "Cómo preparar unha entrevista de traballo -teórica-", onde se fará unha presentación teórica dos elementos a coidar para preparar ben unha entrevista de traballo,
3.- "Cómo realizar unha entrevista de traballo-práctica-", onde se fará un obradoiro práctico, realizándose entevistas reais que levará a cabo Nuria Bregua Técnico de RRHH de Vegalsa-Eroski Coruña

Formulario de inscripción online:
https://docs.google.com/spreadsheet/viewform?fromEmail=true&formkey=dHNHak5ITW5ueVdWSE45MUhhWVVSMlE6MQ

No hay comentarios:

Publicar un comentario