Bienvenidos al blog del Plan de Acción Tutorial PATECO

Bienvenidos al Plan de Acción Tutorial de la facultad de Economía y Empresa de la Universidad de A Coruña. A través de este blog podemos estar en contacto permanente y compartir información, material, preguntas, respuestas, etc...



viernes, 19 de abril de 2013

PERSONAL TRAINING. AREA DE DEPORTES DA UDC

A Área de Deportes do Campus da Coruña oferta neste 2º cuadrimestre (do 1 de Marzo ao 30 de Xuño), o servizo combinado da Unidade de Exercicio e Saúde co Personal Training.

Con esta actividade, a Área de Deportes quere prestar un servizo de prescrición de exercicio físico para a saúde, seguro, eficaz e eficiente que reduce o risco de sufrir lesións e maximiza os resultados positivos.

Os adestradores persoais son profesionais da actividade física e o deporte que prescriben exercicio dun xeito individualizado tendo en conta os obxectivos que persigan os usuarios: saúde, rendemento, recuperación funcional.

Obxectivos:

Crear hábitos saudables
Mellorar o control postural
Controlar o peso corporal
Incrementar o rendemento deportivo
Previr e recuperar lesións
Mellorar a condición física

Tarifas:
Individual:
60 € cuadrimestre/2 sesións semanais (1 hora/sesión)
Poderá haber un máximo de 5 usuarios na mesma hora
Horario
mañás: 09:30 a 11:30 h
tardes: 16:00 a 19:00 h

Instalacións
Sala de musculación, campus de Elviña
Pista de atletismo, campus de Elviña
Tatami, campus de Elviña
Sala multiusos, campus de Elviña

Como formalizar o teu adestramento?
Ser aboado/a da Área de Deportes
Realizar o pagamento previo á sesión ou sesións desexadas
Concertar unha cita previa de adestramento

Máis información nas oficinas da Área de Deportes do campus de Elviña ou na extensión:1904

No hay comentarios:

Publicar un comentario