Bienvenidos al blog del Plan de Acción Tutorial PATECO

Bienvenidos al Plan de Acción Tutorial de la facultad de Economía y Empresa de la Universidad de A Coruña. A través de este blog podemos estar en contacto permanente y compartir información, material, preguntas, respuestas, etc...



viernes, 31 de mayo de 2013

“LIMPEZA SIMULTÁNEA DE PRAIAS”

Para clausurar o ciclo de conferencias e obradoiros da Primavera Ambiental deste curso a OMA, coa colaboración da asociación ecoloxista ADEGA, participará o vindeiro venres, 7 de xuño, nunha LIMPEZA SIMULTÁNEA DE PRAIAS, que terá lugar por toda a costa galega, con motivo da celebración do Día Mundial dos Océanos.
A actividade terá lugar na praia de Bastiagueiro Pequeno e comezará ás 11:00h, establecéndose como punto de encontro a porta de INEF (Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física). Hai transporte público dende a estación de autobuses de A Coruña, con dirección Santa Cruz. Os horarios dos autobuses son regulares, podedes coñecelos na seguinte ligazón; http://www.autoscalpita.es/images/horarios_acp.pdf
 
O obxectivo desta xornada é denunciar esta situación e concienciar á poboación sobre a problemática da contaminación mariña. Así pois, a OMA convida a toda a comunidade universitaria a participar nesta actividade de concienciación ambiental.
Confirma a túa participación enviando un correo-e a oma3@udc.es
Agardámoste!

No hay comentarios:

Publicar un comentario