Bienvenidos al blog del Plan de Acción Tutorial PATECO

Bienvenidos al Plan de Acción Tutorial de la facultad de Economía y Empresa de la Universidad de A Coruña. A través de este blog podemos estar en contacto permanente y compartir información, material, preguntas, respuestas, etc...



viernes, 3 de mayo de 2013

NOVOS CRITERIOS PARA ACCEDER AS BOLSAS DO MECD (MOITO MAIS DUROS...)


En cumprimento do acordo da Comisión de selección de bolseiros MECD da UDC (BOE 14 de agosto de 2012) na súa reunión de 11 de abril de 2013, remítolle para información e difusión entre o alumnado un cadro comparativo dos criterios académicos esixibles para o acceso e a continuación da condición de bolseiro para o curso 2013/2014. A elevación dos umbrais académicos resultan suficientemente relevantes para que todos contribuamos á súa difusión. Desde a Comisión, enténdese que o profesorado titor dos Graos e Mestrados e os responsables do P.A.T. dos centros deberían ter esta información á hora de aconsellar e orientar aos seus titorandos co fin de evitar as consecuencias negativas do incumprimento académico que conleva, alén de non poder volver optar á bolsa, a devolución da que, se así fose, se otorgou o ano anterior ao alumno.
Agradecendo a súa colaboración, quedo ao seu dispor para clarexar calquera dúbida.
Reciba un cordial saúdo,
Mª José Martínez López
Vicerreitora de Estudantes, Deportes e Cultura
vedc@udc.es
Tlf. 981167000 Ext. 1151
CADRO COMPARATIVO DOS CRITERIOS ACADÉMICOS PRECEPTIVOS PARA ACCEDER ÁS BOLSAS XERAIS MEC. 15 abril 2013.

CRITERIOS ACADÉMICOS PARA ACCEDER A UNHA BOLSA MEC EN 1º POR PRIMEIRA VEZ:
CURSO 2011/2012
CURSO 2012/2013
CURSO 2013/2014
Nota de acceso: 5
matrícula de 60 créditos ou de entre 30 e 59 créditos.
Nota de acceso: 5,5
Sen a cualificación da fase específica e matrícula de 60 créditos ou de entre 30 e 59.
Nota de acceso: 6,5
Sen a a cualificación da fase específica e matrícula de 60 créditos ou de entre 30 e 59.

 
CRITERIOS ACADÉMICOS PARA A CONTINUACIÓN DA CONDICIÓN DE BOLSEIROS/A MEC: PORCENTAXE DE APROBADOS NO 1º CURSO E NO 2º CURSO E POSTERIORES
RAMA
CURSO 2011/2012
CURSO 2012/2013
CURSO 2013/2014
ARTES E HUMANIDADES  E CIENCIAS SOCIAIS E XURÍDICAS
80%
90%
a)      100%
ou
b)      90% + nota media de 6,5.
CIENCIAS E CIENCIAS DA SAÚDE
80%
80%
a)      100%
ou
b)      80% + nota media de 6,5
ENXEÑARÍA E ARQUITECTURA
60%
65%
a)      85%
ou
b)      65% + nota media de 6,0

 
MESTRADOS. CRITERIO DE ACCESO 1º CURSO E CONTINUACIÓN NO 2º

CURSO
CURSO 2011/2012
CURSO 2012/2013
CURSO 2013/2014
Nota media: 6
para todos os mestrados.
Nota media:
a)     Habilitantes: 6
b)      Restantes:  6,5
Matrícula de 60 créditos ou de entre 30 e 59.
Nota media:
a)      Habilitantes: 6,5
b)      Restantes:  7,00
Coef. 1,17 ponderación positiva para as técnicas
Superar a totalidade dos créditos matriculados no curso 2010/2011
Superar a totalidade dos créditos matriculados no primeiro curso .
a)      Habilitantes: superar  100% dos créditos de 1º + media de 6,5
b)      Restantes: superar 100% e nota media de 7 no 1º curso.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario