Bienvenidos al blog del Plan de Acción Tutorial PATECO

Bienvenidos al Plan de Acción Tutorial de la facultad de Economía y Empresa de la Universidad de A Coruña. A través de este blog podemos estar en contacto permanente y compartir información, material, preguntas, respuestas, etc...



miércoles, 13 de noviembre de 2013

A Facultade de Economía acolle unha conferencia sobre marketing alimentario

A Facultade de Economía acolle unha conferencia sobre marketing alimentario

A Coruña, 12 de novembro de 2013.- A Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña acollerá o venres, 15 de novembro, ás 10:30 horas, unha conferencia do profesor John Stanton sobre a técnica de análise de conxunto da utilidade das características dos produtos alimentarios.
A conferencia impartirase en inglés e, a continuación, desenvolverase un obradoiro dentro do programa de doutoramento en “Economía e Empresa: análise económica e empresarial”.
Stanton, catedrático de Marketing na St. Joseph University, Philadelphia, conta cunha ampla experiencia no mercado alimentario americano e desempeñou diversos postos directivos en industrias do sector. No plano científico, é autor de máis de sesenta publicacións de artigos académicos, incluíndo o Journal of Marketing Reseach e a revista Science, así como numerosos manuais.
Previamente, na tarde do xoves, 14 de novembro, Stanton dirixirá un workshop sobre innovación de produto en marketing agroalimentario, “Food&Beverage Marketing Helping Companies Make ‘What People Want to Eat’”, con tradución simultánea. Os coñecementos do profesor Stanton sobre as características das marcas e a presentación no mercado dos produtos agroalimentarios, en particular no mercado norteamericano, son de grande utilidade para a industria galega do sector.
A visita do profesor Stanton está organizada pola Cátedra Jean Monnet de Economía Industrial Europea e o Grupo de Competencia e Desenvolvemento da UDC, en colaboración co IGAPE e o Clúster Alimentario de Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario