Bienvenidos al blog del Plan de Acción Tutorial PATECO

Bienvenidos al Plan de Acción Tutorial de la facultad de Economía y Empresa de la Universidad de A Coruña. A través de este blog podemos estar en contacto permanente y compartir información, material, preguntas, respuestas, etc...



martes, 26 de noviembre de 2013

A UDC promoverá a través do Proxecto de EpD actividades para sensibilizar á comunidade universitaria sobre diferentes problemáticas sociais.

• O mes de novembro está centrado nas persoas sen fogar.

A Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC pon en marcha este mércores, 27 de novembro, o proxecto Educación para o Desenvolvemento (EpD), unha iniciativa que busca sensibilizar á comunidade universitaria sobre diferentes problemáticas de interese social. O proxecto prolongarase ao longo de todo o curso escolar, centrándose cada mes nunha temática diferente e traballando co fin de concienciar ao estudantado sobre esa realidade.

Este mes de novembro, coincidindo coa celebración do Día Internacional das Persoas Sen Fogar, os actos programados para o mércores están orientadas a facer visible a realidade deste colectivo.

O calendario de actividades abrirase ás 10.00 h da maña no campus de Serantes en Ferrol, onde se levarán a cabo diferentes xogos lúdicos. A partir das 12.00 h a actividade trasladarase ó campus de Esteiro, ao Centro Cultural Universitario, onde se proxectará o documental de “Mathilde´s Misses”, un filme que amosa un retrato solidario e humano dun grupo de mulleres que viven ao marxe da sociedade. Tras a súa proxección abrirase un debate co público asistente.

Paralelamente, durante todo o mes de novembro e decembro, poderase contemplar na fachada do edificio do Patín unha exposición do fotógrafo ferrolá Roberto Amado, gañador do último premio Tiflos de xornalismo dixital, convocado pola ONCE. Trátase dunha colección de 5 instantáneas realizadas en Santiago de Compostela e nas que o autor mostra a vida na rúa. A colección posteriormente levarase ó campus de Serantes.

O día 28 de novembro o voluntariado desenvolverá as súas actividades na Coruña. Neste caso, os xogos desenvolveranse entre as 10.30 e as 12.30 h na Escola Universitaria de Arquitectura Técnica. Pola tarde, ás 19.00 h, no salón de graos da Facultade de Informática, farase a proxección do documental “O mundo tras Julius”, unha reportaxe elaborada por estudantes que fai un percorrido pola vida de Julius, un mozo alemán que viviu nas rúas da Coruña durante varios anos, a través dos ollos das persoas que tiveron contacto con el.

A axenda de Educación para o Desenvolvemento continuará no mes de decembro abordando o tema da escravitude. A violencia (xaneiro), a radio (febreiro), o medio ambiente (marzo), a seguridade e saúde laboral (abril) e a diversidade cultural (maio) completan a programación deste proxecto no que traballan simultaneamente voluntariado da Coruña e de Ferrol.

Para máis información podes falar coa coordinadora do programa en Ferrol, Aroa Fandiño (660 68 83 51) ou coa coordinadora na Coruña, Lucía Pintor (699 727 578). O proxecto conta cun blog propio: mesxmes.tumblr.com

Roberto Amado (fotógrafo) 646 857 802
Vicerreitoría de Relacións Internacionail e Cooperación. (www.udc.es )

No hay comentarios:

Publicar un comentario