Bienvenidos al blog del Plan de Acción Tutorial PATECO

Bienvenidos al Plan de Acción Tutorial de la facultad de Economía y Empresa de la Universidad de A Coruña. A través de este blog podemos estar en contacto permanente y compartir información, material, preguntas, respuestas, etc...



lunes, 23 de febrero de 2015

A UDC explica os Nobel 2014. Ciclo de conferencias

A Unidade de Divulgación Científica e Cultural organiza por segundo ano o ciclo de conferencias A UDC explica os Nobel. Trátase dun ciclo de divulgación para poñer ao alcance dun público amplo a razón dos traballos galardonados nesta edición 2014.
A entrada é libre ata completar a capcidade da sala.
Toda a informacion en : http://istoenormal.org/gl/

VENRES 20 FEBREIRO / 19h
Premio Nobel de Física 2014: Isamu Akasaki, Hiroshi Amano e Shuji Nakamura, polos seus avances no desenvolvemento das luces Led.
VENRES 27 FEBREIRO / 19h
Premio Nobel de Medicina 2014: John O´Keefe, May-Britt Moser e Eduard I. Moser, polos seus descubrimentos sobre a representación espacial no cerebro. Relator: Casto Rivadulla Fernández, do Grupo de investigación Neurocom, Departamento de Medicina da UDC..

VENRES 6 MARZO / 19h
Premio Nobel da Paz 2014: Malala Yousafzai e Kailash Satyarthi, polos seus aportes á defensa dos dereitos humanos. Relator: José Antonio Seoane, do Grupo de investigación de Filosofía, Constitución e Racionalidade da Facultade de Dereito da UDC, Director da Aula Fundación Paideia-UDC.

VENRES 13 MARZO / 19h
Premio Nobel de Literatura 2014: Patrick Modiano, pola súa obra centrada en temas como a memoria, a identidade e a culpa. Relatora: Mercedes Regueiro Diehl, do Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da UDC.

MARTES 17 MARZO / 19h
Premio Nobel de Economía 2014: Jean Tirole, polas súas investigacións sobre o poder e a regulación do mercado. Relator:
J. Andrés Faíña Medín, do Grupo Jean Monnet de Competencia e Desenvolvemento, do Departamento de Análise Económica e Administración de Empresas da UDC.

VENRES 20 MARZO / 19h
Premio Nobel de Química 2014: Eric Betzig, William Moerner e Stefan Hell, polo desenvolvemento de novos métodos para que os microscopios poidan ver detalles máis pequenos. Relator: Julián Yáñez Sánchez, do Grupo de investigación Neurover, do Departamento de Bioloxía Celular e Molecular da Facultade de Ciencias da UDC.














Mª José Martínez López
Vicerreitora de Estudantes, Deportes e Cultura
vedc@udc.es
Tlf. 981167000 Ext. 1151

No hay comentarios:

Publicar un comentario