Bienvenidos al blog del Plan de Acción Tutorial PATECO

Bienvenidos al Plan de Acción Tutorial de la facultad de Economía y Empresa de la Universidad de A Coruña. A través de este blog podemos estar en contacto permanente y compartir información, material, preguntas, respuestas, etc...



martes, 10 de febrero de 2015

Área de Deportes do Campus da Coruña (2º cuatrimestre)

A Área de Deportes do Campus da Coruña informa das actividades que están abertas, con dispoñibilidade de prazas, para o 2º cuadrimestre (do 16 de febreiro ao 30 de xuño de 2015).

Previamente, todos os membros da comunidade universitaria que desexen inscribirse, deberán ser abonados da Área de Deportes no presente curso 2014-15 e abonar a tarifa correspondente á actividade na que desexen participar (nas actividades que teñen unha tarifa anual terán un 50% de desconto). As persoas non universitarias poden consultar as actividades abertas a elas e as tarifas na nosa páxina web www.udc.es/deportes .

Todas as prazas serán cubertas por rigorosa orde de inscrición e pagamento ata completar o número máximo de usuarios/as por actividade:
Escolas Deportivas con dispoñibilidade de prazas para o 2º cuadrimestre (tarifas co desconto xa incluído):
  • Rugbi (mércores e venres das 19:30 ás 21:30 h no campo de herba natural do Estadio do Campus de Elviña). Gratuíta
  • Tiro con Arco (luns ou xoves das 18:00 ás 20:00 h na Sala de Tiro do Campus de Elviña). 22,50 €
  • Taekwondo (martes e xoves das 20:00 ás 21:30 h no Tatami do Campus de Elviña). 22,50 €
  • Pilates (luns e mércores das 10:30 ás 11:30 h no Tatami do Campus de Elviña). 42,50
  • Tenis (na Pista de Tenis do Campus de Elviña). 50,00 €
    • Nivel avanzado (luns e mércores das 13:00 ás 14:00 h)
    • Nivel avanzado (luns e mércores das 14:00 ás 15:00 h)
    • Nivel avanzado (martes e xoves das 19:00 ás 20:00 h)
    • Nivel iniciación (luns e mércores das 15.00 ás 16:00 h)
    • Nivel iniciación (martes e xoves das 18:00 ás 19:00 h)
    • Nivel iniciación (martes e xoves das 20.00 ás 21:00 h)
  • Ioga (martes e xoves das 18:00 ás 19:00 h . instalación pendente de confirmación). 40 €
  • Pádel (1h/semana. Debe formarse previamente un grupo de 4 persoas e contactar coa Área de Deportes. Pádel CSC). 100,00 €
  • Xadrez (mércores das 19:30 ás 21:30 h na Aula do Pavillón de Deportes do Campus de Elviña). 17,50 €
  • Escalada (mércores das 18:30 ás 20:00 h ou mércores de 20.00 a 21:30 h no Rocódromo do Pavillón de Deportes do Campus de Elviña). 55,00 €
  • Ximnasia artística para fillos/as de membros da C.U. (luns e mércores das 17:30 ás 18:30 h no Tatami do Campus de Elviña). Gratuíta
Máis información e inscricións na páxina web de deportes: http://www.udc.es/deportes/coruna/actividades/informacion_escolas.html ou nas oficinas da Área de Deportes.
 
 
Exercicio e Saúde, con dispoñibilidade de prazas para o 2º cuadrimestre (tarifas co desconto xa incluído):
  • Hipopresivos (luns das 17:45 ás 18:30 h ou mércores das 19:30 ás 20:15 h na Aula Náutica). 30 €
  • Ioga para mulleres (martes e xoves das 18:30 ás 19:30 h na Aula Náutica). 40 €
  • Exercicio e solo pelviano (luns e mércores das 18:30 ás 19:30 h na Aula Náutica). 40 €
  • Bono Mulleres + (ioga para mulleres + exercicio e solo pelviano). 70 €
  • Bono Fitness (Bokwa, Zumba, Unibike, Estiramentos, Gap e Workpower. De luns a xoves das 18:00 ás 21:00 h nas instalacións do Estadio do Campus de Elviña). 60 €
  • Personal Training (2 sesións/semana  75 minutos/ sesión, grupos máximo 5 persoas. Instalacións do estadio do Campus de Elviña. Inclúe o uso libre da sala de musculación). 100 €
    • grupo horario das 09:15 ás 10:30 h
    • grupo horario das 10:30 ás 11:45 h
    • grupo horario das 14:00 ás 15:15 h
    • grupo horario das 16:30 ás 17:45 h
Máis información e inscricións na páxina web de deportes: http://www.udc.es/deportes/coruna/exercicio_saude/ ou nas oficinas da Área de Deportes.

 
Cursos Deportivos, con dispoñibilidade de prazas para o 2º cuadrimestre
  • Escalada (Iniciación e perfeccionamento. 24 horas de duración. Martes e xoves das 18:30 ás 21:30 h no Rocódromo do Pavillón de Deportes do Campus de Elviña). 40 €.
  • Fútbol Gaélico 10 horas de duración (tres luns de abril e dous de maio das 19:00 ás 21:00 h no Estadio do Campus de Elviña). Gratuíto
  • Golf (do 19 de febreiro ao 21 de maio)
    • iniciación (martes e xoves das 16:00 ás 17:30 h no Club de Golf Miño). 90 €
    • perfeccionamento (martes e xoves das 17:30 ás 19:00 h no Club de Golf Miño) 90 €
  • Iniciación á acrobacia  (martes e xoves das 20:30 ás 21:30 h na sala de usos múltiples da Facultade de C.C. Deporte e a Actividade Física). Gratuíto
  • Licenza de navegación curso teórico-práctico de 6 horas de duración. Grupo mínimo de 6 persoas. Aula Náutica 150 €/persona
Máis información e inscricións na páxina web de deportes: http://www.udc.es/deportes/coruna/actividades/informacion_cursos.html  ou nas oficinas da Área de Deportes.


No hay comentarios:

Publicar un comentario