Bienvenidos al blog del Plan de Acción Tutorial PATECO

Bienvenidos al Plan de Acción Tutorial de la facultad de Economía y Empresa de la Universidad de A Coruña. A través de este blog podemos estar en contacto permanente y compartir información, material, preguntas, respuestas, etc...



lunes, 13 de abril de 2015

2ª fase da campaña de doazón de sangue

O Ilmo. Sr. Decano da Facultade

SAÚDA 
  
A vostede e informa do inicio da 2ª fase da campaña de doazón de sangue que desenvolverá o Centro de Transfusión de Galicia nas universidades galegas no curso 2014/2015. 

A unidade móbil de doazón de Sangue acudirá ao noso centro o vindeiro 21, 22 e 23 de abril polo que solicito a túa máxima colaboración con esta campaña solidaria e máis sabendo que, nas primeiras campañas de doazón do curso 2014-2015, disminuiron as cifras de participación nas tres universidades nun 6,13%. Esperamos recuperar a participación do colectivo universitario, polo que temos que incrementar os nosos esforzos na procura das máximas facilidades para doar, na difusión da mensaxe solidaria da doazón de sangue e na recollida das súas suxerencias e aportacións na mellora das campañas para deste xeito incrementar a participación. 

O día anterior á campaña de doazón, acudirá persoal do CTG a impartir charlas informativas en todos os cursos, coas que se pretende fomentar a participación dos alumnos e alumnas.

Nesta ocasión, quero tamén facer un chamamento á participación activa do profesorado e persoal de administración e servizos, neste xesto altruísta tan necesario para que moitas persoas poidan recuperar a súa saúde.

Atentamente,

Anxo Calvo Silvosa

No hay comentarios:

Publicar un comentario