Bienvenidos al blog del Plan de Acción Tutorial PATECO

Bienvenidos al Plan de Acción Tutorial de la facultad de Economía y Empresa de la Universidad de A Coruña. A través de este blog podemos estar en contacto permanente y compartir información, material, preguntas, respuestas, etc...



martes, 21 de abril de 2015

Oficina de medioambiente: xornada sobre as plantas aromáticas

O próximo día 29 de Abril a Oficina de Medio Ambiente da UDC e a Asociación ecoloxista ADEGAorganizamos unha xornada sobre as plantas aromáticas.

A actividade enmarcase no proxecto de restauración participativa do Monte da Fraga e desta volta faremos unha plantación de aromáticas.

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj91awN8P6oLcO29CY4E4S1htmwrG_hWu4xN1W8LwyPUvNCE-ovN0RJR_qc9VezOvqcwqTEZSe0R5dTZa84yqMUNwa0h3wh7FGdB5nC60s5fJ-dFYvl_Y8adQiUScdS0qNvRy9gXmCVMxxJ/s1600/prantas+aromaticas.png


Aproveitaremos esta actividade para o coñecemento de diferentes especies de plantas aromáticas, así como o seu cultivo e coidados. Comezaremos cunha charla impartida por Javier Cremades Ugarte profesor da UDC e doutor en Farmacia, Botánica e Bioloxía Vexetal.

Terá lugar ás 17:00h no Salón de Graos da Facultade de Ciencias.
Despois da charla pasarase á parte práctica que consistirá na plantación de aromáticas na ladeira do Monte da Fraga, entre outras ourego, lavanda, melisa, xarxa, etc.


Como xa apuntamos este é un proxecto participativo, polo que se tes plantas aromáticas na túa casa e queres doar algunha para a restauración do Monte da Fraga podes traela e a plantaremos. Outras doazóns foron os acivros en febreiro e as cerdeiras o ano pasado.


A duración da actividade será de aproximadamente dúas horas.



Animádevos a participar!


Inscricións no correo oma3@udc.es. (Enviade nome máis DNI)
Límite de prazas: 20 persoas
Máis información:

http://medioambienteudc.blogspot.com.es/2015/04/ven-facer-un-xardin-de-plantas.html
Facebook: “Oficina de Medio Ambiente UDC”, “bolseiros OMA”

Twitter: @OMA_UDC

No hay comentarios:

Publicar un comentario