Bienvenidos al blog del Plan de Acción Tutorial PATECO

Bienvenidos al Plan de Acción Tutorial de la facultad de Economía y Empresa de la Universidad de A Coruña. A través de este blog podemos estar en contacto permanente y compartir información, material, preguntas, respuestas, etc...



martes, 9 de noviembre de 2010

CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DE 3 ESTUDANTES CON DISCAPACIDADE


CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DE 3 ESTUDANTES DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA PARA A COLABORACIÓN NA INCLUSIÓN DE ESTUDANTES CON DISCAPACIDADE
A Universidade da Coruña co fin de fomentar ás accións relativas á Atención á Diversidade (ADI), fomentar a solidariedade entre o estudantado e favorecer a inclusión das persoas con discapacidade, fai pública a presente convocatoria para seleccionar tres (3) membros do estudantado co obxecto de colaborar voluntariamente en tarefas de apoio á inclusión de persoas discapacitadas que están a estudar na Universidade da Coruña.
OBXECTO
O obxecto desta convocatoria é a selección de tres (3) membros do estudantado que colaboren voluntariamente na atención á compañeiros/as que teñan algunha discapacidade como axuda na realización dos seus estudos e como ligazón co entorno universitario.
REQUISITOS
Para presentarse as persoas solicitantes deberán estar matriculados nos cursos seguintes:
o 1º Curso do grao de Economía. Facultade de Economía e Empresa o 3º curso da Diplomatura de Fisioterapia, materia Estancias Clínicas II da Escola de Fisioterapia. o 1º Curso do grao de Enxeñería da Edificación (valoraráse se reside durante o curso académico na Residencia Rialta)
CONDICIÓNS
A cada unha das persoas seleccionadas asignaráselle o/a compañeiro/a correspondente. A persoa seleccionada terá dereito a solicitar recoñecemento de 3 créditos por su participación en actividades universitarias solidarias, según o R.D. 1393/2007 de 29 de outubro polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias (artigo 12.8) e a Normativa de recoñecementos de créditos por actividades nos graos da UDC aprobada en Consello de Goberno o 13 de novembro de 2008, (Anexo I, punto 4.1)
OBRIGAS
As persoas seleccionadas comprométense a realizar as actividades de axuda que se deriven da súa colaboración co/a compañeiro/a discapacitado/a que se lle asigne. As tarefas serán definidas pola Unidade de Atención á Diversidade tras consulta das persoas interesadas.
SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN
As solicitudes presentaranse no formulario de solicitude normalizado (ANEXO I), acompañado do expediente académico (será válido o expediente impreso desde a Secretaría Virtual do Estudante).
Impreso de secretaria virtual no que conste el expediente académico
CRITERIOS DE SELECCIÓN
- Expediente académico: máximo 6 puntos ( 60% da puntuación total).
- Outros méritos: máximo 3,70 puntos (37% da puntuación total):
o
 
Ter formación en materias sobre discapacidade o
- Coñecemento acreditado de galego: máximo, 0,3 puntos (3% da puntuación total).
Só se valorarán os méritos que se acreditaren documentalmente referidos á data de finalización de presentación de solicitudes.
Ter experiencia en actividades de discapacidade
COMISIÓN DE SELECCIÓN
A Comisión de Selección estará constituída por:
- Vicerreitora de Calidade e Novas Tecnoloxías
- Vicerreitora de Estudantes e Relacións Internacionais
- Director do CUFIE
- Un representante do estudantado
PROCESO DE NOMEAMENTO
A vicerreitoría de Calidade emitirá una certificación consonte a persoa seleccionada foi seleccionada para o desenvolvemento de tarefas de acompañamento de persoas con discapacidade.
PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Universidade da Coruña (Rúa Maestranza, 9, 15001 - A Coruña) ou nos Rexistros Auxiliares da Coruña (Casa do Lagar. Campus de Elviña – 15192 - A Coruña) ou de Ferrol (Rúa Vázquez Cabrera, s/n. Campus de Esteiro. 15403 – Ferrol) desde o día 2 de novembro até as 14 h do día 12 de novembro de 2010
A Coruña, 2 de novembro de 2010
A Vicerreitora de Calidade e Novas Tecnoloxías
Elena Sierra Palmeiro
ANEXO I
SOLICITUDE PARA A COLABORACIÓN NA INTEGRACIÓN DE ESTUDANTES CON DISCAPACIDADE
    _______________________________________________________________
    1. ENDEREZO DURANTE O CURSO:
    ______________________________________________________________________________________________________________________________
    1. POBOACIÓN: _________________________________________________
    2. CÓDIGO POSTAL:_______________________
    3. TELÉFONO DE CONTACTO:_______________
    4. CORREO ELECTRÓNICO: _____________________________________
    5. ESTUDANTE DA ESCOLA/FACULTADE:
    ______________________________________________________________
    1. TITULACIÓN:________________________________________________
    ______________________________________________________________
    1. CURSO: _________________
    DOCUMENTACIÓN QUE ACHEGO:
    CERTIFICACIÓN ACADÉMICA
    FORMACIÓN OU EXPERIENCIA EN TEMAS DE DISCAPACIDADE
    COÑECEMENTO DO GALEGO
    A Coruña/Ferrol, ____ de _______________________ de 2010
    (sinatura)

  1. APELIDOS E NOME:

  2. No hay comentarios:

    Publicar un comentario