Bienvenidos al blog del Plan de Acción Tutorial PATECO

Bienvenidos al Plan de Acción Tutorial de la facultad de Economía y Empresa de la Universidad de A Coruña. A través de este blog podemos estar en contacto permanente y compartir información, material, preguntas, respuestas, etc...



jueves, 4 de noviembre de 2010

Representantes de alumnos en la Facultad

O próximo 2 de decembro celébranse eleccións a representantes de estudantes en diferentes órganos colexiados da Universidade: Claustro Universitario, Xunta de Centro e Departamentos.

É importante a túa participación pois nestes órganos decídense tanto cuestións sobre o goberno da universidade, a elección do decano por exemplo, como outras que afectan á túa actividade diaria: establecemento de horarios, calendarios de exames, aprobación de guías das materias,…



Pensa, ademais, que a participación activa permitirache o recoñecemento de ata 6 créditos do grao que estás a cursar (infórmate aquí).

Se desexas presentarte, recorda que o prazo para facelo é entre o luns 8 e o mércores 10 de novembro.
E se non te presentas, participa co teu voto o 2 de decembro.

Desde hoxe ata o día da votación, probablemente diferentes asociacións estudantís convocarán actos para explicar os seus proxectos e buscar participación. Permanece atento aos anuncios que farán por diferentes medios. Calquera convocatoria neste sentido da que teñamos coñecemento achegarémosvola tamén desde PAT.



Máis información en http://www.udc.es/sobreUDC/secretaria/documentos/eleccions/organosColexiados2010/index.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario