Bienvenidos al blog del Plan de Acción Tutorial PATECO

Bienvenidos al Plan de Acción Tutorial de la facultad de Economía y Empresa de la Universidad de A Coruña. A través de este blog podemos estar en contacto permanente y compartir información, material, preguntas, respuestas, etc...



jueves, 7 de junio de 2012

A UDC únese a limpeza de praias. Participa!

A UDC únese a limpeza de praias. Participa!
Día Mundial dos Océanos


O vindeiro venres 8 de xuño, co motivo da celebración do Día Mundial dos Océanos, a Oficina de Medio Ambiente (OMA) colaborará coa asociación ecoloxista ADEGA na limpeza simultánea de praias que se desenvolverá ao longo de toda a costa galega.
O obxectivo desta xornada é concienciar á poboación sobre a problemática da contaminación mariña. Cada ano preto de 7 toneladas de residuos, principalmente plásticos, rematan nos océanos. A presenza de refugallos no mar estase a converter nun mal endémico, que trascende do seu efecto prexudicial sobre as especies mariñas, para se converter nun problema que afecta á saúde pública e á economía.
Perseguindo a sensibilización medioambiental da sociedade, a OMA convida a todas as persoas interesadas a participar na limpeza dun dos areais da Costa Ártabra, a praia de Canide no concello de Oleiros. Máis información en http://adega.info/info/090121joomla/novas-de-ea/769-limpeza-simultanea-de-praias-no-dia-mundial-dos-oceanos-2012
Se estades interesados/as en participar nesta actividade é preciso inscribirse no seguinte correo roberto.rodriguez.calvino@udc.es. O punto de encontro será na praia de Canide ás 11:30 h. Hai transporte público desde a estación de autobuses de A Coruña no seguinte horario: 7:30, 8:30, 10:00, 11:00, 12:00, 13:30.
De todos xeitos, se precisades transporte ou queredes compartir o voso vehículo poñédevos en contacto coa organización.

Organizan:
Oficina de Medio Ambiente OMA-UDC
Asociación ecoloxista ADEGA

No hay comentarios:

Publicar un comentario