Bienvenidos al blog del Plan de Acción Tutorial PATECO

Bienvenidos al Plan de Acción Tutorial de la facultad de Economía y Empresa de la Universidad de A Coruña. A través de este blog podemos estar en contacto permanente y compartir información, material, preguntas, respuestas, etc...



lunes, 2 de julio de 2012

CURSOS DE VERANO DE LA UDC


UDC-Universidade da Coruña

Hola a tod@s,

Os recordamos que la UDC ofrece cursos de verano para los estudiantes. A lo mejor alguno os puede resultar interesante.

A UDC oferta 15 cursos de verán de temática moi variada

A Coruña, 29 de xuño de 2012.- A Universidade da Coruña oferta este ano un total de 15 cursos de verán, centrados en diversas áreas de coñecemento e repartidos entre os meses de xuño, xullo e setembro. Tras o curso xa celebrado sobre educación infantil e o que se está a desenvolver sobre deseño mecánico, para o mes de xullo están previstos un total de once cursos. Na primeira semana desenvolveranse diversas propostas que abranguen desde novas tecnoloxías ata ciencias sociais. Así, entre os días 2 e 6 realizarase un curso sobre deseño mecánico en 3D na Escola Universitaria Politécnica, en Ferrol, cunha duración de 20 horas. Para as mesmas datas está programado o curso titulado “Estratexias cidadás para tempos de crise”, unha novidosa temática que ten como obxectivo analizar os efectos que sobre o urbanismo tivo a crise económica e reflexionar sobre as estratexias que cómpre seguir para reconducir a forma e a vida urbanas a partir da situación presente, desde o punto de vista da xestión ambiental e social da arquitectura e da paisaxe urbana. O curso celebrarase no FORUM Carballo - Casa dos Oficios desta localidade, e está organizado pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña.
Tamén na primeira semana de xullo, entre os días 4 e 6, celebrarase na Facultade de Ciencias da Educación do campus de Elviña un obradoiro do chamado Teatro do Oprimido para a Transformación Social e Educativa, que se presenta como unha metodoloxía que a través de xogos, exercicios e técnicas teatrais procura a desmecanización física e intelectual dos participantes, estimulando a busca de alternativas para a vida cotiá.
O Futuro da Unión Europea II: Demografía, Educación e Sustentabilidade é o título do curso que terá lugar tamén do día 4 a 6 de xullo na Facultade de Economía e Empresa, co obxectivo de concienciar aos estudantes respecto dalgúns desafíos importantes que afectan ao futuro da UE ao medio e longo prazo. O 5 e 6 de xullo analizarase a “Educación no Sector Turismo: O Novo Contexto Económico-Social” na Aula de Formación da Casa da Cultura do Concello de Sada, nun curso organizado pola Facultade de Economía e Empresa, no que se achegará unha visión do sector e as súas perspectivas futuras, definindo as principais forzas que está a impulsar o novo modelo de actividade turística.
Na segunda semana de xullo están previstos catro cursos. O primeiro deles centrarase tamén no turismo, analizando a evolución do turismo no marco da sociedade global, nunhas sesións que se desenvolverán no Forum Carballo do 10 ao 13 de xullo, organizadas pola Facultade de Socioloxía. Para o 11 ao 13 de xullo está previsto o II Curso de Verán sobre Economía do Deporte na Facultade de Economía e Empresa, abordando os temas de actualidade máis debatidos no ámbito das implicacións socioeconómicas tanto da práctica deportiva como do deporte profesional. Nas mesmas datas celebrarase o I Seminario de Coaching, titulado “Desafiate!! O Novo Lema do Líder”, que terá como sede o Pazo de Lóngora, en Oleiros, e ten como obxectivo establecer ferramentas para traballar a intelixencia emocional, o coaching e mais os novos retos das persoas no mercado do traballo en grupo.
Na segunda quincena de xullo celebraranse dous cursos. o primeiro deles, titulado VIII Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística, Traballando en Lingua. Dinamización Lingüística e Xustiza Social, terá lugar no Forum Carballo do día 18 ao 20, organizado polo Servizo de Normalización Lingüística da UDC, e o segundo centrarase en “Ciencias Sociais, Educación e Sociedade: Pasado, Presente e Futuro”, e se celebrará na Facultade de Ciencias da Educación entre os días 30 de xullo e 1 de agosto. No mes de setembro están previstos dous cursos. O primeiro deles leva por título “Emprender: Unha Perspectiva de Xénero”, e se celebrará entre os días 17 e 19 de setembro na Facultade de Economía e Empresa co obxectivo de transmitirlles aos homes e mulleres a necesidade de emprenderen, non só creando empresas senón tamén cunha actitude proactiva no seu traballo. Ofreceranse obradoiros, información sobre viveiros de empresa e exposición de experiencias emprendedoras, centrándose en concreto en casos de mulleres.
Esta convocatoria de cursos de verán finalizará coas xornadas tituladas “Da Fotografía ao Cinema: Pegadas do Real”, organizadas pola Área de Cultura da UDC, que se celebrarán no Salón de Actos do Campus de Esteiro, Ferrol, os días 27 e 28 de setembro. Neste curso analizaranse as relacións entre a fotografía e o cinema desde unha perspectiva interdisciplinar, que inclúa as teorías sobre a fotografía no cinema, os modelos de análise da imaxe, os estudos das obras de cineastas que tamén son fotógrafos ou viceversa, ou a análise da fotografía por parte de profesionais que son asemade teóricos, como o caso de Joan Fontcuberta.
Os interesados en matricularse ou recabar máis información sobre esta convocatoria poden consultar a páxina web da UDC (http://www.udc.es/occ/gal/2012/cursoveran/Matricula.htm).

No hay comentarios:

Publicar un comentario