Bienvenidos al blog del Plan de Acción Tutorial PATECO

Bienvenidos al Plan de Acción Tutorial de la facultad de Economía y Empresa de la Universidad de A Coruña. A través de este blog podemos estar en contacto permanente y compartir información, material, preguntas, respuestas, etc...



lunes, 22 de octubre de 2012

Decanato: Información sobre los TFG

Estimado/a compañeiro/a:

O pasado día 28 de setembro asignáronse os Traballos de Fin de Grao (TFG) a todos os estudantes matriculados nesta materia. Por este motivo, os estudantes están a porse en contacto cos seus titores para pedir información e organizar o traballo. Escribímosvos para avisar desta circunstancia e aclarar algunhas cuestións relativas ás titorías do TFG.
En primeiro lugar, na páxina web da facultade (http://www.economicas.udc.es/contenido.php?idpag=38&idcon=pag20120423155022) podedes atopar o regulamento, as características e uns modelos de TFG, ademais doutra información de interese. Nesta páxina tamén atoparedes a listaxe de titorías ofrecidas (cos códigos dos traballos) e a relación final de asignacións. Hai que ter presente que é responsabilidade dos estudantes porse en contacto co seu titor antes da primeira semana de clase do segundo cuadrimestre.
Detectamos que moitos estudantes teñen dúbidas acerca dos prazos de defensa e da realización do curso da biblioteca sobre TFG. A este respecto compre aclarar o seguinte:
- Con carácter xeral, os estudantes poderán defender o seu TFG unha vez teñan superadas todas as materias do título. En particular, na primeira sesión de defensa, que será en xaneiro, só poderán defender o seu traballo aqueles estudantes que a data de hoxe xa aprobaron todas as materias (estudantes xa diplomados que aprobaron as materias durante os anos pasados). Os estudantes que desexen presentar o seu traballo en xaneiro, terán que entregar o traballo finalizado na administración do centro antes do día 14 de decembro de 2012.
- A Biblioteca ofrece uns cursos breves para dotar aos estudantes de instrumentos necesarios para a realización do TFG; na páxina web da facultade publícanse as convocatorias destes cursos. A Comisión de TFG acordou que no informe dos titores para os membros do tribunal figurará de forma expresa a asistencia a este curso. Noutras palabras, a asistencia ao curso será avaliable, aínda que non constitúe un requisito legal para a defensa do traballo. Por este motivo, todos os titores deben pedir aos seus estudantes que realicen este curso, e que soliciten a información correspondente na biblioteca.
Finalmente, quedamos a disposición de todos os titores para calquera outra dúbida ou pregunta
O vicedecano
Paolo Rungo
Ext. 4423
p.rungo@udc.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario