Bienvenidos al blog del Plan de Acción Tutorial PATECO

Bienvenidos al Plan de Acción Tutorial de la facultad de Economía y Empresa de la Universidad de A Coruña. A través de este blog podemos estar en contacto permanente y compartir información, material, preguntas, respuestas, etc...



miércoles, 3 de octubre de 2012

Discurshow: “Protón. A fascinante historia dunha partícula inmortal... ou case”

Como membro da Comunidade Universitaria comprácenos convidalo/a a actividade Discurshow: “Protón. A fascinante historia dunha partícula inmortal... ou case”, patrocinada pola Universidade da Coruña, que terá lugar o día 6 de outubro ás 20:00 h. no auditorio da Fundación Pedro Barrié de la Maza, Os Cantóns, A Coruña.

Enmarcada dentro das actividades paralelas á Exposición "A universidade coa empresa" , organizada pola Universidade da Coruña , trátase dunha novidosa e orixinal actividade de difusión científica desenvolvida polo investigador e divulgador Xurxo Mariño en colaboración co actor Vicente de Souza, unha especie de conferencia teatralizada onde se utilizan pequenas pezas cómicas para transmitir conceptos básicos sobre a ciencia e a cultura científica. Neste caso fálase da historia do universo, de como foron desenvolvéndose a materia, os átomos, as estrelas... para ao cabo de 9000 millóns de anos centrarnos na formación do Sol, o Sistema Solar e o planeta Terra, o ser humano e o seu encéfalo, que ten a capacidade de xerar unha mente consciente e unha extraordinaria capacidade de comunicación: a linguaxe.

A asistencia é libre e gratuíta para todas as idades e público en xeral ata completar o aforo. Achegamos información esperando resulte do seu interese.
Un cordial saúdo,
Ricardo Cao
Vicerreitor de Investigación e Transferencia
Rúa Maestranza, s/n
15071 A Coruña
Teléfono: 981 167 000 ext. 1153

No hay comentarios:

Publicar un comentario