Bienvenidos al blog del Plan de Acción Tutorial PATECO

Bienvenidos al Plan de Acción Tutorial de la facultad de Economía y Empresa de la Universidad de A Coruña. A través de este blog podemos estar en contacto permanente y compartir información, material, preguntas, respuestas, etc...



martes, 2 de diciembre de 2014

POR UN CONSUMO RESPONSABLE

FERIA DA SUSTENTABILIDADE: 10 DECEMBRO 2014
Obradoiro:"Ecoideas para reciclar"
Hora 11.30- 13h
Lugar: 1º andar
Imparten: Oficina de cooperación e voluntariado da UDC
Neste obradoiro faremos macetas a partir de tapóns de corcho
Mesa redonda: "Proxectos de consumo responsable e reutilización"
Hora : 13.00h
Lugar: Salón de graos
Imparten:
* Proxecto GLAMURS - Adina Dumitru, investigadora da UDC no proxecto GLAMURS
* Cooperativa de consumo responsable zocamiñoca- Mariola Mourelo
* Equus zebra- ONGD reutilización de roupa na Coruña- María Luísa Pollán
Nesta mesa coñeceremos diferentes proxectos xa en marcha na universidade e na cidade da Coruña, coñeceremos o proxecto GLAMURS que é un proxecto de investigación da UDC que explora as interaccións entre factores económico, sociais, culturais, políticos e tecnolóxicos que inflúen nos estilos de vida e no desenvolvemento dunha economía verde. Tamén coñeceremos Zocamiñoca é unha cooperativa de consumo ecolóxico da cidade da Coruña, coñeceremos como funcionan e como podemos formar parte do proxecto e por ultimo a ONGD Equus Zebra que recollen roupa e outros materiais que son reutilizados xerando emprego, tamén nos explicaran como funcionan e como podemos colaborar.
Obradoiro: Adornos de Nadal
Lugar: 1º andar
Hora: 16h
Imparte: ADEGA
Neste obradoiro faremos adornos de Nadal a partir de material de refugallo.
Presentación do libro:Cando ver aves en Galicia”
Lugar: Aínda por confirmar
Hora: 18h
Teremos con nos aos autores do libro Cosme Damián Romay e Antonio Sandoval dous expertos ornitólogos.
DURANTE TODA A XORNADA:
Mercadiño de troco
Trae a roupa que non utilizar e poderás trocala por outra dándolle unha segunda vida.
Cadernos de papel reutilizado
Co papel recollido na campaña reutiliza faremos cadernos reutilizando o papel para aproveitalo polas dúas caras, ao longo da xornada poderás facer o teu caderno. Nos darémoste os materiais.
Punto de recollida de roupa e xoguetes: mesa de Equus Zebra
Se tendes na casa roupa ou xoguetes que non utilizades antes de que acaben no lixo os podedes doar a esta entidade. Eles estarán con nos e vos poderán explicar que se fai coa roupa e os xoguetes.
Punto de recollida de aceite usado: mesa de Arquitectos sen fronteiras proxecto mulleres colleiteiras.
Trátase dun proxecto de autoemprego para mulleres en situación de exclusión social. Se tendes aceite usado podedes traelo e este colectivo encargase de recollelo.
Ademáis:
Stands de artesanía, comercio xusto, Asociacións e entidades ambientalistas.
Facebook: Oficina de medio ambiente UDC
Twiter: OMA_UDC
Contacto: oma2@udc.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario