Relatora: Miren Etxezarreta:
Miren Etxezarreta é Doutora en Economía pola London
School of Economics e pola Universidade Autónoma de Barcelona. Foi profesora de
Economía na Universidade de Sussex, Reino Unido, catedrática na Universidade de
Bilbao e catedrática da Universidade Autónoma de Barcelona, en que foi tamén
catedrática emérita de Economía Aplicada. O seu ámbito de investigación é a
economía agraria, política económica e desenvolvemento económico. Dirixiu oito
teses de doutoramento. Publicou varios libros, entre eles, La
reestructuración del capitalismo en España, Crítica a la economía ortodoxa
e Qué pensiones, qué futuro. Actualmente participa en diversos
movementos sociais, en particular no Seminario de Economía Crítica TAIFA,
dedicada a promover a crítica da economía convencional,, a formación de
economistas novos e a divulgación crítica de temas económicos de actualidade a
través da publicación de informes.
Data: 12 de marzo de 2015. 12.00 h.
Facultade de Economía e Empresa da UDC.
Lugar: Salón de Graos
Anxo Calvo
Anxo Calvo
No hay comentarios:
Publicar un comentario