Bienvenidos al blog del Plan de Acción Tutorial PATECO

Bienvenidos al Plan de Acción Tutorial de la facultad de Economía y Empresa de la Universidad de A Coruña. A través de este blog podemos estar en contacto permanente y compartir información, material, preguntas, respuestas, etc...



miércoles, 25 de marzo de 2015

Emprendemento Cooperativo na entidad adherida á Rede Eusumo da Universidade da Coruña.


No mes de  abril Ugacota vai desenvolver na, Entidade adherida á Rede Eusumo na Universidade da Coruña, Centro Universitario de Riazor, a súa programación formativa no marco das actividades da Rede Eusumo para a difusión do cooperativismo e a economía social.
3 cursos, gratuítos e impartidos na modalidade presencial, que se complementan entre sí e axudan a ter unha visión global do que é emprender baixo a fórmula cooperativa.
O primeiro dos obradoiros diríxese a coñecer o xeito de traballar na cooperativa, o traballo colaborativo, entrenando e experimentando dinámicas e metodoloxías ad hoc. O segundo obradoiro céntrase en coñecer a fórmula, nos aspectos normativos e de constitución, contarase coa participación de persoas socais dunha cooperativa da cidade que achegarán ás persoas asistentes a súa experiencia. Finalízase o itinerario co último obradoiro, onde se acompaña ao alumnado na elaboración do plan de empresa para a posta en marcha do seu proxecto cooperativo, coñecendo os aspectos claves a ter en conta e marcando prazos e compromisos que garantan o éxito do proxecto.
ENTIDADE ADHERIDA Á REDE EUSUMO NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (Centro Universitario de Riazor, rúa Almirante Lángara, s/n, 15011, A Coruña)

CURSO: 'POR QUE NON TRABALLAMOS EN EQUIPO?'
Datas:  do 14 ao 17  de abril de 2015 . Duración: 20 horas
Horario: 9:30 a 14:30 horas
Para descargar e consultar o programa preme aquí.
Podes inscribirte premendo aquí:  formulario de inscrición Coruña


CURSO: FORMACIÓN COOPERATIVA PARA PERSOAS QUE QUEREN EMPRENDER

Datas:  do 21 ao 24  de abril de 2015 . Duración: 20 horas
Horario:
9:30 a 14:30 horasPara descargar e consultar o programa preme aquí.
Podes inscribirte premendo aquí:  formulario de inscrición Coruña


CURSO: ELABORA O TEU PLAN DE EMPRESA COOPERATIVO
Datas:  do 27 ao 230  de abril de 2015 . Duración: 20 horas
Horario:
9:30 a 14:30 horas
Para descargar e consultar o programa preme aquí.
Podes inscribirte premendo aquí:  formulario de inscrición Coruña


Máis información : Telf. 881 887 456  E-mail:  patane@ugacota.coop 

Colaboran: Consellería de Traballo e Benestar (Xunta de Galicia) – Fondo Social Europeo - Universidade da Coruña

SAPE- EMPREGO UDC
María Inmaculada Muñoz Pliego
Técnica de Emprego.
Edificio de Apoio ao Estudo
Campus de Esteiro- Avda. de Vigo s/n
15403 Ferrol (A Coruña)
mmunozp@udc.es
Tlfno: 981 337 400- Ext. 3616
Fax: 981 337 447
 

1 comentario:

  1. Quero compartir con todos vós aquí como obtendo o meu préstamo do señor Benjamin que me axuda cun préstamo de 400.000,00 euros para mellorar o meu negocio, foi sinxelo e rápido cando solicito o préstamo cando as cousas se estaban complicando co meu negocio Sr. Benjamín concédeme sen demora. aquí tes o correo electrónico do señor Benjamin / whatsapp: +1 989-394-3740, Lfdsloans@outlook.com /

    ResponderEliminar