Bienvenidos al blog del Plan de Acción Tutorial PATECO

Bienvenidos al Plan de Acción Tutorial de la facultad de Economía y Empresa de la Universidad de A Coruña. A través de este blog podemos estar en contacto permanente y compartir información, material, preguntas, respuestas, etc...



martes, 3 de marzo de 2015

Xornada de voluntariado ambiental de eliminación de flora exótica invasora no Monte da Fraga.

O próximo día 18 de marzo a Oficina de Medio Ambiente da UDC xunto coa asociación ecoloxista ADEGA organizamos unha xornada de voluntariado ambiental de eliminación de flora exótica invasora no Monte da Fraga.

O obxectivo desta actividade é o coñecemento das especies exóticas invasoras (EEI). Este tipo de flora fai que se perda unha gran parte da biodiversidade da nosa contorna. 
Esta xornada de traballo comezará cunha charla introdutoria sobre a problemática no salón de actos da facultade de ciencias ás 15:30h, ao remate sairemos ao Monte da Fraga para comezar co traballo que rematará sobre as 18:30 aproximadamente.  
Animádevos a participar, precisamos a vosa colaboración!
É importante que vos inscribades no correooma3@udc.es escribindo o voso nome completo e DNI para que poidamos preparar a ferramenta. 
No caso de non poder asistir á xornada completa, e queredes participar un tempo limitado, tamén podedes facelo enviando un correo indicando a vosa dispoñibilidade.
A xornada adiarase no caso de que as condicións climáticas non acompañen.

Para máis información en sucesivas ocasións, tede en conta as nosas redes sociais:
 
- Facebook: Oficina de Medio Ambiente UDC, bolseiros OMA
- Twitter: @OMA_UDC
- Correo: oma2@udc.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario