Bienvenidos al blog del Plan de Acción Tutorial PATECO

Bienvenidos al Plan de Acción Tutorial de la facultad de Economía y Empresa de la Universidad de A Coruña. A través de este blog podemos estar en contacto permanente y compartir información, material, preguntas, respuestas, etc...



domingo, 16 de septiembre de 2012

Asignación Traballos Fin de Grao (curso 2012-13)

 AVISO DE PRÓXIMOS PRAZOS

  • Do 17 ao 19 de setembro: prazo de presentación de solicitudes de realización de Traballos de Fin de Grao que non figuran na listaxe oficial aprobada o 11/07/2012. Segundo o punto 6.8 do Regulamento dos Traballos de Fin de Grao, o estudante pode “desenvolver un proxecto sobre un tema específico do seu interese, debendo contactar directamente cun/cunha profesor/a que puidese estar interesado para que actúe como director/a”. O correspondente formulario, dirixido ao decano da facultade, está dispoñible aquí (.docx; .odt), e hai que entregalo na administración do centro.
  • Venres 28 de setembro: asignación xeral dos Traballos de Fin de Grao, a cal terá lugar ás 15.30 na Aula Magna da facultade. Os estudantes matriculados deberán estar presentes en dita data, hora e lugar para facer efectiva a asignación. Chamaranse a todos os matriculados por orde de nota media de expediente, e cada estudante poderá manifestar a súa preferencia por un dos temas dispoñibles. Se un estudante non estiver no momento de ser chamado, pasaría ao final da listaxe e, se non se presentar, asiganaríaselle un traballo dos que ficasen dispoñibles. Por tanto, recoméndase ver a listaxe de titorías dispoñibles publicado na páxina da facultade, no apartado Estudantes -> Traballo Fin de Grao, e acudir á xornada de asignación tendo claro a propia orde de preferencias de temas e o código dos traballos que desexan realizar. É posible contactar aos titores dos traballos publicados na listaxe para aclarar os contidos dos temas propostos antes da asignación.
http://www.economicas.udc.es/contenido.php?idpag=1&mostrar=inicio

No hay comentarios:

Publicar un comentario