Bienvenidos al blog del Plan de Acción Tutorial PATECO

Bienvenidos al Plan de Acción Tutorial de la facultad de Economía y Empresa de la Universidad de A Coruña. A través de este blog podemos estar en contacto permanente y compartir información, material, preguntas, respuestas, etc...



martes, 11 de septiembre de 2012

Xornada de Acollida 2012-13 Alumnos de Primero

Co gallo do comezo do curso, a Facultade de Economía e Empresa organiza todos os anos unha xornada de acollida para o alumnado de primeiro curso das titulacións que se imparten no noso centro. Nesta xornada informamos @s estudantes de cuestións básicas do funcionamento da universidade e da facultade.

Este ano imos realizar este encontro mañá mércores 12 de 12.00 a 13.00 horas na Aula Magna. Por este motivo suspéndense as clases de todos os grupos de primeiro curso das titulacións da FEE entre as 11.30 h e as 13.00 h para que o estudantado e o PDI que imparte nestes grupos poida asistir á devandita xornada.

Malia que se vai enviar un correo-e a todo o estudantado convocado e se vai anunciar o evento na web da FEE e nas pantallas do centro, solicitamos que o profesorado do primeiro curso anuncie en todos os grupos de todas as franxas horarias a realización deste acto e incentive a asistencia de todo o alumnado.


Anxo Calvo
Decano

No hay comentarios:

Publicar un comentario