Bienvenidos al blog del Plan de Acción Tutorial PATECO

Bienvenidos al Plan de Acción Tutorial de la facultad de Economía y Empresa de la Universidad de A Coruña. A través de este blog podemos estar en contacto permanente y compartir información, material, preguntas, respuestas, etc...



viernes, 13 de septiembre de 2013

Prórrogas TFG, Elección de TFG curso 2013-14

REMITIDO POLO DECANATO DA FACULTADE DE ECONOMÍA E EMPRESA


Estimados profesores:
Cómpre informar dalgúns aspectos concretos do procedemento para a dirección dos TFGs correspondentes ao curso 2013-2014:
1. Prórrogas de TFG:
O artigo 6.11 do regulamento de TFGs da Facultade de Economía e Empresa di textualmente:
"No caso de non terse defendido o TFG no correspondente curso académico, o alumno poderá solicitar por unha soa vez a prórroga da asignación de tema e de director/a. A solicitude estará asinada polo director/a."
En consecuencia, a Facultade establece que antes do 20/09/2013 deberán presentarse as solicitudes de prórroga de TFG. Podes (non é obrigatorio) empregar o modelo que existe na web da FEE. Os TFGs prorrogados sumaranse ao número de traballos incluídos na oferta que cada titor fai dentro do cupo global da Facultade de Economía e Empresa para o curso 2013-2014, de ser o caso.
2. TFG bilaterais:
O artigo 6.18 do regulamento de TFGs da Facultade de Economía e Empresa di textualmente:
"a) O estudante poderá, así mesmo, desenvolver un proxecto sobre un tema específico do seu interese, debendo contactar directamente cun/cunha profesor/a que puidese estar interesado para que actúe como director/a. Neste caso, deberá solicitalo por escrito ao decano/a no prazo que se estableza e no formulario correspondente, que terá que ir asinado polo director/a. Oída a comisión, o decano resolverá. (...)
b) Os traballos asignados por esta vía non computarán a efectos do reparto establecido polo departamento."
En consecuencia a Facultade establece que antes do 20/09/2013 deberán presentarse as solicitudes de TFGs bilaterais. Podes empregar o modelo que existe na web da FEE. Os TFGs bilaterais sumaranse ao número de traballos incluídos na oferta que cada titor fai dentro do cupo global da Facultade de Economía e Empresa, de ser o caso.
3. TFGs do cupo xeral da FEE.
Nos vindeiros días a FEE publicará a listaxe de TFGs ofertados polos deparamentos para que os alumnos que non estean no suposto de prórroga de TFG ou bilateral escollan en acto público e por orde de expediente académico un TFG.
Os TFGs incluídos na listaxe teñen recoñemento no POD dos departamentos.
Datas importantes correspondentes ao proceso:
  • Até o 20/09/2013: Solicitudes de prórrogas de TFGs comezados no curso 2012-13 e solicitudes de traballos bilaterais.
  • 24/09/2013: Reunión da comisión de TFGs para aprobar a oferta de traballos da FEE
  • 25/09/2013: Publicación da oferta de TFGs correspondentes ao procedemento xeral 
  • 04/10/2013 (ás 18.30 h): Xornada de asignación de TFGs (non entran na asignación nin prórrogas nin bilaterais)

No hay comentarios:

Publicar un comentario