Bienvenidos al blog del Plan de Acción Tutorial PATECO

Bienvenidos al Plan de Acción Tutorial de la facultad de Economía y Empresa de la Universidad de A Coruña. A través de este blog podemos estar en contacto permanente y compartir información, material, preguntas, respuestas, etc...



lunes, 13 de octubre de 2014

Revista da Facultade de Economía e Empresa

ESPAZO FEE Nº 6 NOVEMBRO 2014 

Está a prepararse o sexto número da revista Espazo FEE. Cómpre que nesta publicación continúen a participar todos os membros da comunidade universitaria interesados en colaborar con artigos curtos de temática variada. Segue a ser unha revista académica, porque é iniciativa dunha facultade universitaria. Porén, a súa orientación non é estritamente científica ou profesional, senón que está aberta a todos os as temas que poidan ser de interese para os estudantes, PAS e PDI (difusión, lecer, opinión, etc.). 

Cómpre observar as seguintes normas: 

1. Achegarase o texto en formato open office ou word antes do 31 de outubro de 2014 ao enderezo electrónico: revista.espazo.fee@gmail.com.com indicando no asunto "Colaboración Espazo FEE nº 5".

2. As colaboracións terán unha extensión máxima de 2.000 caracteres (espazos incluídos)

3. Irán redactados en lingua galega

4. O ficheiro co texto da colaboración deberá incluír:

  • Título da colaboración.
  • Nome do autor.
  • Sector ao que pertence: PDI, PAS, estudante (neste caso, indicarase que título está a cursar e en que ano se atopa), colaborador externo á UDC.
  • Texto da colaboración (máximo de 2.000 caracteres con espazos incluídos)
  • Fotos ou material gráfico (de ser o caso)

5. O colaborador asume o criterio de selección do comité de redacción no tocante á localización na revista e á inclusión ou exclusión do traballo nun dos números da revista. Eventualmente, de ser o caso, pódese solicitar ao autor algún cambio de extensión para adaptalo ás dispoñibildades de espazo.

 
Como sempre, animámosvos a participar nesta iniciativa que se renova con cada número de Espazo FEE.



Anxo Calvo


No hay comentarios:

Publicar un comentario