Bienvenidos al blog del Plan de Acción Tutorial PATECO

Bienvenidos al Plan de Acción Tutorial de la facultad de Economía y Empresa de la Universidad de A Coruña. A través de este blog podemos estar en contacto permanente y compartir información, material, preguntas, respuestas, etc...



viernes, 3 de octubre de 2014

TGGs da oferta xeral da FEE

O 1 outubro de 2104 tivo lugar a asignación de TFGs da oferta xeral da Facultade de Economía e Empresa aos estudantes que non tiñan TFGs prorrogados ou bilaterais.
Os resultados desta asignación están colgados na web da FEE ().
 

Como existen algunhas dúbidas entre o profesorado e alumnado sobre temas puntuais dos TFGs, lembrade, por favor, o seguinte:
  1. Estas táboas publicadas non inclúen os TFGs prorrogados ou bilaterais, xa que a súa asignación foi aprobada na Comisión de TFGs. Teñen TFG bilateral ou prorrogado os estudantes que na listaxe de elección tivesen o código B ou P.
  2. Os estudantes marcados en vermello non asistiron ao acto de asignación malia estaren convocados. En consecuencia, será a Comisión de TFGs a encargada de realizar esta asignación.
  3. Non se admitirán solicitudes de TFGs bilaterais de estudantes con TFG asignado.
  4. Os estudantes que non figuren na presente listaxe nin teñan no día da data TFG bilateral ou prórroga serán convocados ao acto de asignación que se realizará ao comezo do segundo cuadrimestre cos estudantes que amplíen matrícula.
  5. Os estudantes con TFG asignado (no acto do 01/10/2014, bilateral ou prórroga) terán que poñerse en contacto cos seus titores antes do 10/02/2015 (Estudantes de ADE, Economía e CC.Empresariais) ou 10/10/2014 (Simultaneidade ADE-Dereito) para establecer o programa de traballo.

Grazas.
Anxo Calvo
Decano

No hay comentarios:

Publicar un comentario