Bienvenidos al blog del Plan de Acción Tutorial PATECO

Bienvenidos al Plan de Acción Tutorial de la facultad de Economía y Empresa de la Universidad de A Coruña. A través de este blog podemos estar en contacto permanente y compartir información, material, preguntas, respuestas, etc...



viernes, 10 de octubre de 2014

Xornadas de formación "Voluntariado e educación ambiental"

Como inicio do curso 2014-2015 a oficina de medio ambiente (OMA) organiza unhas xornadas co obxectivo de formar ao persoal bolseiro e voluntariado e dar a coñecer as actividades desenvolvidas pola OMA. O curso estará aberto a toda a xente interesada.
A primeira xornada terá lugar o luns 20 de outubro, e nela presentaranse algúns dos actuais proxectos da Oficina, como son as áreas de compostaxe, a restauración do Monte da Fraga, a charca ou as hortas urbanas. A explicación correrá a cargo de Manuel Soto, director da OMA, e contará coa participación de Elvira Sahuqillo, experta en biodiversidade. Así mesmo, María R. Lafuente educadora ambiental da Asociación ecoloxista ADEGA explicará conceptos básicos e obxectivos do voluntariado e educación ambiental.
A segunda xornada será o luns 27 de outubro, baixo o título “Como pode comunicarse unha guía con éxito”, e introduciranos na interpretación do patrimonio e nas técnicas para deseñar unha visita guiada, cunha parte práctica consistente nunha visita guiada ao campus. Esta xornada será impartida por Araceli Serantes (Boli) profesora de Educación Ambiental na UDC e socia da AIP (Asoc. Para la interpretación del Patrimonio)
A duración do curso será de seis horas; 3h voluntariado e educación ambiental, 3h interpretación do patrimonio, incluídas as visitas prácticas.
O curso está limitado a 25 prazas por orde de inscrición no correo oma3@udc.es
Terán preferencia as persoas que poidan asistir ás dúas xornadas e o persoal bolseiro da OMA e Greencampus.
Luns 20: Voluntariado e educación ambiental
Luns 27: Como pode comunicarse unha guía con éxito
Hora: 16:00h
Lugar: Salón de actos da Facultade de Ciencias Inscricións: oma3@udc.es
Máis info: blog e facebook, twitter

No hay comentarios:

Publicar un comentario