Bienvenidos al blog del Plan de Acción Tutorial PATECO

Bienvenidos al Plan de Acción Tutorial de la facultad de Economía y Empresa de la Universidad de A Coruña. A través de este blog podemos estar en contacto permanente y compartir información, material, preguntas, respuestas, etc...



miércoles, 5 de noviembre de 2014

Encontro virtual cos actores da película A Esmorga na Facultade o 20 de Novembro

O vindeiro xoves, día 20 de novembro, vaise realizar na facultade un
encontro virtual cos actores da película A Esmorga, baseado na novela do
mesmo título de Eduardo Blanco-Amor.

A actividade realizarase o día 20, entre as 12 e as 14 horas, e
consistirá nun encontro virtual cos actores da película, aos que se
accederá mediante unha pantalla colocada na facultade, e aos que se lle
irán facendo preguntas desde cada un dos centros participantes. No noso
centro, aparte de recibir a conexión, poderemos conectarnos con eles
para facerlles as preguntas propostas. O horario que nos corresponde é
entre a 1 e a 1:10.

Este correo é para que comentedes aos compañeiros esta actividade por se
alguén se anima a participar, tanto para asistir ao debate como para
realizar preguntas. Se alguén quere propoñer algunha pregunta pode
facelo de varias maneiras:

- Enviando un correo ao enderezo cousasvariadas@estatistica.es,
comentando quen sodes e que pregunta queredes facer e despois xa nos
poñemos en contacto con vós.
- Mediante un formulario colocado na web
- ou contactando directamente conmigo: Xosé Ml. Martínez, despacho 342
(3º andar)


Se queredes informarvos sobre a película podedes acceder á súa web:


ou á súa conta de Facebook: https://www.facebook.com/aesmorgafilme?fref=ts .

No hay comentarios:

Publicar un comentario