Bienvenidos al blog del Plan de Acción Tutorial PATECO

Bienvenidos al Plan de Acción Tutorial de la facultad de Economía y Empresa de la Universidad de A Coruña. A través de este blog podemos estar en contacto permanente y compartir información, material, preguntas, respuestas, etc...



miércoles, 12 de noviembre de 2014

Xornada de Voluntariado Ambiental na UDC

A Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña organiza, en colaboración coa Asociación
Ecoloxista ADEGA e o Proxecto Ríos, unha xornada de Voluntariado Ambiental na UDC.

O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa
dos nosos ríos. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos galegos por
parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsábeis
da vixianza (adopción) do río que pasa polo seu municipio ou localidade.
O mércores 19 de novembro as 13:00, no río Lagar (Campus de Elviña), terá lugar a actividade. O punto de encontro será a porta da facultade de economía e empresas.

Esta actividade ten prazas limitadas, polo que se queres inscribirte envía un correo a oma3@udc.es

Información doutros anos:

No hay comentarios:

Publicar un comentario