Bienvenidos al blog del Plan de Acción Tutorial PATECO

Bienvenidos al Plan de Acción Tutorial de la facultad de Economía y Empresa de la Universidad de A Coruña. A través de este blog podemos estar en contacto permanente y compartir información, material, preguntas, respuestas, etc...



lunes, 10 de noviembre de 2014

III edición do Foro Xuventude en Movemento (dirixido ao alumnado dos últimos cursos e recéns titulados)

Os días 18 e 19 de novembro terá lugar a III edición do Foro Xuventude en Movemento que a UDC organiza xunto con Europe Direct e a Deputación de A Coruña. Nesta edición concentramos en dous días toda a actividade formativa (obradoiros e foros informativos). Ademáis invitamos a antiguos alumnos para que compartan a súa experiencia profesional especialmente no eido do empredendemento. Así estarán presentes un representante da empresa Colada Fácil, cadea de lavanderías, de Trileuco, empresa de servizos informáticos, e de Sinergias, empresa de intervención social especializada na igualdade de xénero,

Tamén querería salientar os dous conferencistas que se achegarán; Xosé Antonio Touriñán,actor, monologuista e conductor de programas televisivos, Licenciado en Filoloxía Galega pola UDC; e, Anxo Pérez, nacido en Fisterre, formado en EEUU, Bélxica e China. Fala 9 idiomas, foi traductor do presidente Obama, fundador da empresa 8Belts.

Os obradoiros responden a través de diferentes metodoloxías aos pilares básicos de búsqueda de emprego, marca persoal, curriculum vitae, etc. Teñen por obxectivo reforzar o recén implantado programa de mellora da empregabilidade 2014/2015.

Alén disto, esta formación será susceptible para o alumnado de Grao do recoñecemento de 1.5. crédito, sempre que cumplan coa asistencia a 4 dos 6 bloques dos que se compoñe o programa.

E, por último, a actividades son de balde e están abertas a todas as persoas interesadas ainda que on pertenzan á UDC.

Agradezo de antemán a disfusión que poida facer entre o alumnado, particularmente dos últimos curso e recéns titulados, do seu Centro e quedo ao seu dispor para calquera clarexamento.

Reciba un cordial saúdo
Toda a información en : http://xuventudeenmovemento.eu/


Mª José Martínez López
Vicerreitora de Estudantes, Deportes e Cultura
vedc@udc.es
Tlf. 981167000 Ext. 1151

No hay comentarios:

Publicar un comentario