Bienvenidos al blog del Plan de Acción Tutorial PATECO

Bienvenidos al Plan de Acción Tutorial de la facultad de Economía y Empresa de la Universidad de A Coruña. A través de este blog podemos estar en contacto permanente y compartir información, material, preguntas, respuestas, etc...



viernes, 21 de noviembre de 2014

V Feira da Sustentabilidade na UDC

O 10 de decembro celébrase a V Feira da Sustentabilidade na UDC. Aproveitaremos a entrada do Nadal para achegar á Universidade unha mensaxe sobre o consumo responsable. Nesta feira teremos a ocasión de mercar os agasallos de Nadal dun xeito diferente e alternativo. Dando prioridade ao comercio local, comercio xusto e ao traballo de artesanía. Do mesmo xeito teremos a oportunidade de coñecer diferentes entidades e asociacións ambientalistas.
 
Ao longo da xornada poderemos participar en diferentes obradoiros, facer o noso caderno a partir de papel reutilizado e participar nunha mesa redonda sobre consumo responsable, coñeceremos diferentes experiencias sobre alimentación, roupa…
 
Abriremos un mercadiño de troco, onde podes traer a túa roupa ou complementos que xa non pos ou que quedou pequena e trocala por outra que che guste mais, deste xeito dámoslle unha segunda vida a roupa.

Esta feira terá lugar na Facultade de Economía e Empresa da universidade de A Coruña no campus de Elviña, nun horario de 11h a 19h

Estamos pechando o programa deste evento, a próxima semana anunciaremos as diferentes actividades, poñentes convidados e horarios.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario