Bienvenidos al blog del Plan de Acción Tutorial PATECO

Bienvenidos al Plan de Acción Tutorial de la facultad de Economía y Empresa de la Universidad de A Coruña. A través de este blog podemos estar en contacto permanente y compartir información, material, preguntas, respuestas, etc...



miércoles, 5 de noviembre de 2014

Presentación do filme A Esmorga na FEE

O vindeiro xoves, día 20 de novembro, vaise realizar na facultade a presentación do filme A Esmorga, baseado na novela do mesmo título de Eduardo Blanco-Amor.

Esta presentación na facultade estará organizada pola Comisión de Normalización Linguistica e consistirá nun encontro virtual cos actores da película, aos que se lle irán facendo preguntas desde cada un dos centros participantes.

Se queredes informarvos sobre a película podedes acceder á súa web: http://aesmorgafilme.com/

ou á súa conta de Facebook: https://www.facebook.com/aesmorgafilme?fref=ts .

Desde aquí animámosvos a que fagades preguntas, sobre o que vos pareza de interese, ainda que vos lembramos dous aspectos que se achegan a vós como estudantes deste centro:
  • Calquera película é un proxecto empresarial, e como tal ten aspectos que poden ser de interese para un estudante da nosa facultade.
  • O Cine forma parte dunha industria, a cultural, xa que non só de coches e de peixe vive unha economía.
Podedes plantexar preguntas mediante un formulario no blog cousasvariadas.wordpress.com, ou enviando un correo a cousasvariadas arroba estatistica.es, indicando tamén unha maneira de contactarvos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario